martes, 25 de diciembre de 2018

Diario Tema 7: Metodoloxía CLIL/AICLE


Ola a todos e todas!

Esta nova entrada de diario vai estar a dedicada ó tema sete. Este tema trata o seguinte aspecto: metodoloxía CLIL/AICLE. Polo tanto, nesta entrada vou facer reflexións sobre os contidos deste tema.

A metodoloxía CLIL (Context and Language Integrated Learning) ou AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Lingua Estranxeira) é un método que fai referencia a cando as materias ou parte delas son impartidas nunha lingua estranxeira para tanto aprender os contidos da materia como unha lingua estranxeira. Pode darse situacións onde haxa seccións bilingües (onde o 50% da materia ten que estar dado en inglés) ou plurilingües (a materia é en inglés). Así, para este tipo de centros o profesorado ten que ter un B2. Persoalmente creo que este nivel é insuficiente xa que, realmente, segundo o marco, o nivel competente son os C1 e C2. Ademais, non é o mesmo ter un coñecemento xeral da lingua que ter que impartir unha materia nunha lingua estranxeira. É moito máis complicado. Unha materia, como por exemplo bioloxía, ten unha gran cantidade de vocabulario específico e tecnicismos. Este tipo de termos non son aprendidos nun estudo dunha lingua e cun B2, nun principio, o docente non tería este tipo de vocabulario. Tamén se o profesor ou profesora nunca viaxou ó estranxeiro para practicar o idioma non tería tanta experiencia na lingua. O problema que podería xurdir nalgúns casos sería que habería profesores que non terían o suficiente nivel para impartir a materia. Ó mesmo tempo habería alumnos que non terían un nivel axeitado para o seguimento da materia polo que os beneficios que esta metodoloxía achega as aulas veríanse anulados. Amais, nesta metodoloxía prima a adquisición dos contidos das materias á vez que se aprende unha lingua. Polo tanto non sería bo que o docente estivese corrixindo ó alumando os erros que cometesen ó falar. Deste xeito o alumnado acabaría tendo vergoña de falar e non acabaría participando. Non é unha clase de idiomas e por conseguinte a gramática ten un papel secundario. O importante é a fluidez, expresarse e comunicarse na lingua estranxeira.



Para poder levar a cabo este método tería que haber máis horas dedicadas ás linguas estranxeiras nas que se imparten as distintas materias. Así, con máis horas en inglés ou francés o alumnado tería máis nivel e polo tanto sería máis capaz de seguir unha clase no idioma estranxeiro. Outra idea sería empezar a impartir en inglés as clases ou parte delas xa desde unha idade moi temperá. Deste xeito o alumnado non tería problema para seguilas unha vez chegado a niveis máis superiores. En Europa ten unha máis fácil adaptación xa que o alumnado presenta un mellor nivel de inglés e polo tanto esta metodoloxía pode ser levada a cabo. En España non é o caso actualmente e por iso é máis difícil a súa implantación.  

Tamén me gustaría falar doutro tema que vimos na clase e que parece importante: o andamiaxe ou scaffolding. Este tema está relacionado coas teorías de Vigotsky e divide a capacidade que teñen os alumnos a hora de dar solucións os problemas que poden xurdir na aula. Esta división comprende aquelas actividades que o alumnado pode realizar por si mesmo, aquelas actividades que o alumnado non é capaz de realizar incluso sendo axudado e as tarefas que si que pode mais con axuda externa do profesor. Así, o docente é moi importante xa que é o que proporciona as ferramentas necesarias ó alumnado para adquirir novos coñecementos e poder ser capaz de realizar tarefas e actividades cada vez máis difíciles. Así, o alumnado, pouco a pouco, está capacitado para levar a cabo as diferentes tarefas por si so. Crear autonomía nos estudantes é vital para que saiban realizar todo por si so xa que en moitas situacións coma os exames non van ter axuda. Concretamente no CLIL a andamiaxe é moi importante e debe de proporcionarse tanto para o contido como para a lingua.

Por último, a metodoloxía CLIL ou AICLE é unha moi boa idea para impartir contidos que nun inicio non serían impartidos en inglés. Deste xeito apréndense contidos á vez que se está adquirindo unha lingua estranxeira. Esta metodoloxía trae unha gran cantidade de beneficios para o alumnado mais se este ten un nivel aceptable na lingua xa que se esta situación non se dá non se podería impartir unha clase nun idioma estranxeiro. Con todo, e metodoloxía CLIL supón un novo enfoque para as aulas dos institutos e das escolas.

Moitas grazas a todos e todas!

Dosier Tema 7: Metodoloxía CLIL/AICLE


Benvidos todos e todas a unha nova entrada no meu blog!

Esta nova entrada de Dosier vai tratar sobre as actividades relacionadas co tema sete. Primeiramente, comezou o tema sete cun pequeno debate sobre a metodoloxía CLIL. Ó principio non recordaba de qué se trataba esa metodoloxía e polo tanto tardei un par de minutos e decatarme qué significaba. A metodoloxía CLIL e un método que se emprega nos centros que ofertan seccións bilingües (o 50% dunha materia ten que estar impartida en inglés) e plurilingües (centros que teñen materias en inglés). Así, os debates son moi positivos para empezar un novo tema xa que, ó intercambiar diferente ideas entre o alumnado, o profesor sabe dende onde parten os coñecementos dos seus alumnos. Deste xeito, o decente pode planificar sesións onde sexa necesario repaso como pode ser no caso dunha aula de idiomas. Persoalmente, este debate resultoume de moita axuda xa que eu nun principio non me decataba do que significaba a metodoloxía CLIL, e ó intercambiar distintas ideas, coñecementos, opinións, etc. entre o alumnado sobre o tema xa fixen memoria sobre os coñecementos que eu tiña sobre este método.

Outra actividade que fixemos para este tema sete foi buscar información por grupos dun dos temas propostos polo profesor. Había cinco temas e polo tanto a clase foi dividida en cinco grupos. Os temas ofertados foron os seguintes: O marco europeo para a educación do profesorado CLIL, as sínteses e conclusións sobre o estudo da aprendizaxe integrada de contidos e linguas no contexto escolar europeo, as cinco dimensións de Marsh, a andamiaxe ou scaffolding en CLIL e, por último, o deseño do currículo integrado CLIL. Ó noso grupo formado por tres integrantes tocoulle o último tema. Xa fixera máis actividades con estes dous compañeiros e xa sabíamos como proceder para facer a actividade. Antes de empezar a buscar información falamos acerca de cómo debíamos organizarnos e sobre qué buscar. Cando tivemos todo decidido foi cando empezamos a realizar a actividade.

Nun primeiro paso empezamos a buscar a información todos xuntos. En Internet buscamos o referente ó noso tema, o deseño do currículo integrado CLIL, xa fosen artigos, páxinas, etc. Como pasaba o tempo, o remate da clase non estaba lonxe e non atopábamos gran cousa, optamos por buscar cada integrante do grupo información sobre cada parte que forma o currículo integrado CLIL. Así, puidemos obter máis información en menos tempo. Polo tanto esa foi unha das pequenas dificultades da tarefa, encontrar información sobre o tema que nos tocou. Encontrábamos contido sobre o tema mais non era o preciso para realizar a tarefa. Sen embargo, so tivemos que seguir buscando para encontrar e que verdadeiramente necesitábamos. Cando todo mundo terminou a súa infografía, estas foron expostas na seguinte clase. Como coas demais actividades dos temas da materia, isto resulta moi positivo xa que así os demais grupos teñen a oportunidade de saber de qué trataban os demais aspectos da actividade e polo tanto aprender sobre eles. Así, cada grupo fai o seu traballo ademais de compartir coñecementos uns cos outros a hora de expoñer os nosos traballos.



Esta tarefa gustoume e foi moi positiva xa que con ela aprendín novos coñecementos sobre os temas anteriormente citados. Antes da actividade era algo case completamente descoñecido xa que non tivera ningunha experiencia con esta metodoloxía pero despois de tela realizado son moito máis consciente deste método. Ademais, outro aspecto positivo desta actividade é que para facela usamos unha infografía. Tivemos varias opcións entra as cales cada grupo podía escoller a que máis lle gustase. Nós escollemos ‘Canva’. Penso que as infografías son moi útiles para calquera etapa educativa e poden ser usadas a calquera idade. Serven para explicar conceptos na clase ou ben para facer apuntes esquemáticos para repasar para un exame. Na infografía tampouco cabe moita información así que só se inclúe o máis importante e é por isto que é unha boa ferramenta para repasar ou mesmo introducir un tema ó alumnado de maneira diferente.

Por último, este tema resultou tamén de moito interese para min xa que trouxo coñecementos novos que van ser de moita utilidade para o noso futuro como docentes xa que pode que teñamos que ser parte desta metodoloxía. Amais, estes temas e actividades dan pé ó uso de ferramentas online como poden ser as infografía, o que tamén nos será de moita axuda na nosa actividade como profesores e profesoras así como na vida en xeral debido ó mundo informatizado no que vivimos.

Moias grazas a todos e todas!

lunes, 24 de diciembre de 2018

Presentación

Ola de novo a todos e todas!

Nesta entrada adxunto a miña presentación.




Un saúdo!

Tema 3: A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais.


Ola a todos e todas!


Nesta entrada de blog vou tratar o tema tres do temario, o cal ten o seguinte título: A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais. Así, vou tratar os contidos e actividades que me gustaron e me pareceron interesantes deste tema.

Primeiramente gustaríame falar das persoas involucradas no proceso de ensinanza-aprendizaxe, e en concreto dos responsables de deseños de cursos. Agradaríame falar dos cursos que podemos encontrar por Internet como de “Aprende inglés en 1000 palabras”. Creo que os cursos de idiomas son moi útiles para a xente que quere iniciarse nunha lingua e non ten acceso a ningunha clase, academia, etc. e asiste a un curso online. É unha moi boa idea tanto para iniciarse como para aquelas persoas que queiran perfeccionar a lingua que están aprendendo. Sen embargo, na miña opinión deberíanse evitar os cursos de inglés, por exemplo, do tipo do antes mencionado. Creo que este tipo de cursos non son realmente efectivos para aprender ningunha lingua, xa que 1000 palabras non son tantas. O abanico de termos posibles a usar á hora de comunicarnos non serían suficientes. Ademais, estaríase descoidando a gramática, co que se cometerían unha gran cantidade de faltas. No inicio da aprendizaxe da lingua poden ser pasables, pero a medida que se mellora nun idioma hai que intentar ter un pouco máis de precisión. Amais, un idioma apréndese realmente con esforzo despois de varios anos, e non cun método sinxelo. Polo tanto, este tipo de cursos están ben para iniciarse nunha lingua e gañar un coñecemento básico mais non para ser un usuario competente.

Outro tema moi interesante do que se podería estar falando moito tempo é as metodoloxía. Con respecto a este tema hai bastante controversia xa que moitos autores, profesores, etc. creen que a metodoloxía que eles aplican nas clases é a correcta, outros distintos creen que a que eles usan é a adecuada, etc. Ademais, hai moitas actualizacións con respecto ás metodoloxías porque estase nunha busca constante dun modelo de ensinanza-prendizaxe único e eficaz para todo o mundo. Creo que unha metodoloxía única que sirva para todo o mundo e que se poida aplicar en todas as clases non se vai encontrar nunca. As clases están repletas de heteroxeneidade, cada alumno estuda e aprende dunha maneira diferente, o cal fai moi difícil encontrar unha metodoloxía idónea para todo o alumnado. Todas as metodoloxías presentan as súas vantaxes e as súas desvantaxes e polo tanto o que se debería facer sería coller aqueles aspectos que nos parezan positivos das numerosas metodoloxías existentes e, como di o Marco de referencia, aplicalos por cada profesor á cada clase segundo as súas características.

Unha das opcións que máis me gustan e, sempre que se teñan medios, é traer a algún falante nativo a dar unha conferencia sobre un tema, algún profesor de conversación que traballe tamén na clase, contacto con escolas estranxeiras etc. para que o alumnado poida usar e poñer en práctica a lingua nun contexto real. Cando unha persoa ve utilidade ós coñecementos que está estudando, e neste caso a un idioma estranxeiro ó falar cun nativo, motívase e quere seguir mellorando e seguir aprendendo. Ó mesmo tempo, non todo pode ser conversar xa que nun idioma hai moitos aspectos que aprender, como a gramática. Creo que tamén e necesario estudar este tipo de partes máis “aburridas”. Tamén é certo que hai maneiras de estudalas, e non só van ser aprendendo de memoria as estruturas nun papel. O primeiro paso pode ser ese, mais non é o único e á hora de poñer en práctica eses coñecementos pódense facer diálogos, presentacións, xogos online, etc. En definitiva, opcións que motiven a aprendizaxe do alumnado. Por lo tanto, o profesorado deberá elixir aquelas opcións que mellor se adecúen a cada clase favorecendo sempre a autonomía e a participación.  

Outro tema do que me gustaría falar son os errores e as faltas que se cometen nas clases dunha lingua estranxeira. Creo que si se deben corrixir os erros nas clases de idiomas para evitar que se fosilicen. Aínda que hai alumnos que non queren que se lles corrixa hai que acostumalos a elo. No caso de que o alumno ou alumna cometera unha falta, que non un erro, creo que non se debería corrixir xa que esta persoa dáse conta e por motivos momentáneos, como o nerviosismo, cometeu esa falta. No caso de que sexa un erro fosilizado creo que o profesor ou profesora ten que facer algo ó respecto para intentar corrixilo. Dito isto, creo que tampouco é a solución estar corrixindo cada erro a un alumno cando se expresa. Ista corrección constante o que vai facer é desmotivalo e facer que non queira participar máis. A medida que a persoa gañe coñecemento dunha lingua xa irá corrixindo a maioría dos erros que cometía.



A actividade que fixemos para este tema pareceume moi interesante. Por grupos, tivemos que buscar información para as diferentes metodoloxías como a sugestopedia, método del silencio ou método audiolingüe. Persoalmente non coñecía algunha metodoloxía como o método do silencio. Resultou moi positiva esta actividade xa que puidemos coñecer de qué trataban as diferentes metodoloxías.

Finalmente, aprender un idioma é unha tarefa difícil e non nos podemos deixar enganar por un curso que pinta as cousas fáciles. Aprender un idioma leva o seu tempo e dedicación, e iso non se vai suplir por un curso de 1000 palabras. Tamén nesta unidade recapituláronse metodoloxías que existen na actualidade mais non hai un única modelo efectivo, senón que teñen que ser os profesores os que apliquen á clase todas as cousas positivas que presentan cada unha delas para lograr a máxima aprendizaxe dos seu alumnado.


Moitas gracias!

domingo, 16 de diciembre de 2018

Diario tema 6: As programacións didácticas vixentes


Benvidos todos e todas a unha nova entrada!

Nesta entrada tratarei e farei reflexións sobre os contidos do tema 6, o cal lidia coas programacións didácticas vixentes, parte moi importante das aulas xa que son as que guían a aprendizaxe dunha clase.

Sen dúbida, as partes máis importantes dunha programación son nas que o docente pode facer modificacións dependendo do alumnado ó que se lle vai impartir a clase. Así, na medida do posible, o proceso de aprendizaxe vai ser o máis personalizado posible para cada clase xa que ten en conta os diferentes tipos de alumnos. Deste xeito, as programacións de aula teñen que estar adecuadas ós alumnos e ás alumnas da clase en particular. Creo que un erro que cometen bastantes profesores é que non crean unha programación de aula para o seu alumnado senón que usan o libro en todo momento e non deixan lugar á creatividade, tanto a propia creatividade do profesor como a creatividade do alumnado. Con este tipo de clase o alumnado perde a motivación e o interese pola materia o que inflúe na dinámica da clase e na súa aprendizaxe. O libro é unha ferramenta moi útil para o desenvolvemento dunha clase mais non é a única. Hai moitas máis opcións para captar a atención dos alumnos e potenciar a súa aprendizaxe e motivación. Persoalmente, seguir o libro clase tras clase facía que non tivera moitas ganas de aprender o inglés, mais cando o profesor propuña unha actividade diferente toda a clase tiña máis ganas de involucrarse. O uso da informática para a aprendizaxe de idiomas é unha opción moi boa así como a creación de diálogos para o afianzamento do vocabulario ou a gramática.  



Tamén tratouse na clase as fases da programación. Unha delas era a programación do curso onde os profesores dun mesmo ano académico acordan un contidos, obxectivos e criterios comúns. Isto é fundamental en calquera instituto xa que debe de haber uns parámetros base para que todos os alumnos poidan adquirir os mesmos coñecementos e non haxa descompensacións entre unha clase e outra. No caso de que profesores dun mesmo curso fixeran a súa clase dunha maneira dando uns contidos diferentes para acadar uns obxectivos distintos daríase o caso de que unhas clases terían máis niveis que outros. Isto, por exemplo, á hora de afrontar a selectividade non sería beneficioso para o alumnado que estivera na clase onde se impartira un nivel inferior. Outro aspecto que vimos foron as fontes de programación, e gustaríame citar a fonte psicolóxica. Nun centro educativo converxen moitas idades diferentes e por conseguinte non se poden tratar da mesma maneira os mesmo temas. Non é o mesmo tratar a educación sexual en primeiro da ESO que es segundo de Bacharelato. En consecuencia, deberase adaptar cada tema a cada idade.

Falamos de cómo tratar ás persoas con diferentes problemas e concretamente en clase mencionouse os problemas psicolóxicos. Creo que ninguén debe se ser excluído por presentar un problema ou outro, todo o mundo ten dereito a ter a súa oportunidade de obter unha educación e un futuro. No caso de que o docente teña na clase a un alumno ou alumna cun problema psicolóxico, el ou ela debe por suposto estar informado de cal é ese problema. En xeral, o docente debe de estar informado dos problemas de saúde que os seus alumnos e alumnas poidan presentar e de cómo hai que afrontalos. Por exemplo, debe de saber se hai algún alumno ou alumna ó que lle poida dar un ataque epiléptico, ataque de ansiedade, etc. e de qué hai que facer neses casos. No caso do ataque de ansiedade unha solución podería ser sentar a esa persoa preto da porta por se necesitase saír en calquera momento. Igualmente hai que facer adaptacións a aqueles alumnos ou alumnas que o precisen como pode ser a unha persoa xorda de nacemento. Comentouse que na escola de idiomas a esa persoa non se lle examinaría da parte oral e de escoita oral e que cando lle expedisen o título constaría que non se examinou desas partes.

Finalmente, as programacións didácticas son un elemento moi importante para un docente o polo tanto para nós tamén xa que imos ser profesores nun futuro. Temos que entendelas, saber que elementos teñen, qué podemos modificar e cómo podemos melloralas para perfeccionar a aprendizaxe. Cando sexamos profesores teremos que prestar especial atención á creación de programacións didácticas e programacións de aula e é por iso que debemos ter un coñecemento previo que nos vai servir de moito.

Ata a próxima entrada!

Dosier tema 6: As programacións didácticas vixentes


Benvidos a todos e todas a unha nova entrada!

Nesta entrada trataranse as actividades e tarefas que se fixeron na aula para o tema 6, o cal lidia coas programacións didácticas. En primeiro lugar, como actividade introdutoria a este tema fixemos unha actividade en pirámide. Neste actividade, por grupos, falamos sobre as partes máis importantes nunha programación. Cando todos os grupos terminamos de conversar sobre as partes máis importantes dunha programación, compartimos esa información con toda a clase. Como cada persoa ten unha opinión diferente, é de moita utilidade e axuda que compartamos uns cos outros as nosas opinións sobre cales son as partes máis importantes.







Todos os compañeiros e compañeiras podemos aportar novas visións e perspectivas sobre as partes máis importantes que debe ter unha programación. Así mesmo, o profesor ampliou a información que nós dixemos. Neste caso dixo que as partes fundamentais deben ser as que poden ser modificadas polo profesor, xa que este é unha parte esencial no proceso de aprendizaxe e pode facer que esta sexa moito máis axeitada ó alumnado ó que se está impartindo a docencia. Polo tanto, as partes que poden ser modificadas polo docente serían a metodoloxía, os estándares de aprendizaxe, a avaliación e os instrumentos de avaliación. Con respecto a estes últimos, os docentes teñen a posibilidade de que non sexan simplemente probas escritas as cales son aprobadas mediante a memorización. Deste xeito estanse perpetuando instrumentos obsoletos. Pola contra, deberíanse dar tamén importancia a maneiras de avaliar máis innovadoras que incentiven e motiven a aprendizaxe nos e nas estudantes.

Para este tema fixemos unha actividade na cal tiñamos que buscar por grupo a páxina dun instituto, procurar a súa programación de linguas estranxeiras e logo, nunha presentación, recoller os apartados que consideramos importantes, describilos e reunir aspectos que chamaran a nosa atención. Persoalmente ver exemplos, neste caso dunha programación, axúdame moito a entender os contidos das aulas e polo tanto a saber facer unha eu tamén. Grazas ós exemplos podemos crearnos unha idea de cómo facer unha programación didáctica e non andar cun gran número de dúbidas. Na miña experiencia como alumno tiven moitos profesores que cando explicaban a lección só daban importancia á teoría e ó rematala non a exemplificaba, polo que eu moitas veces non entendía o que quería dicir. Sempre pediámoslle ó profesor ou profesora que puxera un exemplo para así entender a explicación mellor. Unha vez posto o exemplo comprendíamos moito mellor. Esta era unha situación moi habitual nas materias de idiomas xa que en moitas ocasións unha estrutura gramatical, por exemplo, enténdese moito mellor se é exemplificada. Ó que respecta á presentación para poñer os contidos da programación, o meu grupo fixo a tarefa conxuntamente, limos e logo extraemos a información conxuntamente tamén. Neste caso como era moita información optamos por facer a tarefa deste xeito e así do que un non se decataba decatábase o compañeiro.

Ademais, fomos os mesmos alumnos e alumnas os que avaliamos a presentacións dos demais compañeiros e compañeiras. Fixemos esta avaliación a través dunha rúbrica. Este rúbrica foi analizada na clase en grupos de dous co fin de observala e analizar se engadiríamos algún aspecto máis a analizar ou non. Penso que este análise da rúbrica foi positivo xa que tivemos a oportunidade de ver como se fai unha rúbrica e qué elementos debe conter, neste caso, dunha presentación. Persoalmente creo que as rúbricas son unha moi boa opción para avaliar xa que o alumnado pode ter en mente á hora de facer o traballo qué elementos van ser tidos en conta para a cualificación. Así, para poder avaliar a contido das demais presentacións primeiramente foron proxectadas na pizarra. Despois de cada traballo, os demais grupos tiñan que apuntar as súas cualificacións tendo en conta os parámetros que contiña a rúbrica previamente creada. Con todo, esta actividade resultou útil mais como foi feita cun programa que era a primeira vez que era usado polo noso grupo, constounos un pouco entender como funcionaba. Amais, eta actividade axudoume a ter unha idea máis clara de cómo é unha programación e a entender mellor a coevaluación. Creo que este tipo de avaliación axuda moito ó alumnado a aprender e afianzar coñecementos, xa que teñen que observar os traballos dos demais para despois avalialos. Esta observación axúdalles a darse de conta dos erros que cometeron eles mesmos e tamén dos erros que cometeron os seus compañeiros para así non volvelos a cometer. Un tempo máis tarde, na mesma clase fixemos outra actividade usando a aplicación Screnncast, aplicación que serve para grabar a pantalla mentres se fala. É necesario presentar todo este tipo de aplicacións, e en especial ó alumnado de inglés, nos institutos xa que grazas a elas poden grabarse mentres leen, practican a presentación e así corrixir as súas faltas e equivocacións.

Finalmente, penso que con este tipo de actividades estamos aprendendo a avaliar e puntuar as actividades, exercicios, exames, etc. do noso futuro alumnado. Estamos aprendendo a facer unha rúbrica, instrumento que vai resultar moi útil na nosa futura actividade como docentes e estamos descubrindo novas aplicacións as cales poden ser incorporadas nas nosas clases de inglés. Pouco a pouco estamos gañando máis ferramentas para a nosa labor como profesores e profesoras. 

Ata a próxima entrada!

Tema 4: Os niveis de referencia de aprendizaxe das linguas e o desenvolvemento de competencias


Ola a todos e todas de novo!

Esta nova entrada de blog vai estar dedicada ó tema 4: os niveis de referencia de aprendizaxe das linguas e o desenvolvemento das competencias. Polo tanto, vou tratar aqueles aspectos que me pareceron interesantes e dos que me gustaría falar nesta nova entrada.

Primeiramente, gustaríame comentar que o estudo da lingua debe abranguer todos os rexistros da mesma, desde o máis formal ata o máis informal tendo o falante así a capacidade de adaptarse a cada situación. Non ten sentido estar falando cun amigo na rúa, estar tomando un café, e falar coma se se estivera dando unha conferencia. Hai que dar importancia ás situacións máis informais xa que tamén forman parte do coñecemento da lingua. No que respecta á miña experiencia, nas clases de inglés no instituto este aspecto non se traballaba moito xa que principalmente tratábamos situacións formais. Pola contra, cando estudei alemán na escola de idiomas a situación era moi diferente e si que se lle daba máis importancia a situacións máis informais que suceden na rúa, cos amigos, etc. Polo tanto, é un aspecto que se debería tratar máis na educación secundaria mediante, por exemplo, a creación de diálogos que despois se terán que poñer en práctica.

Como se comentou na clase, unha persoa que se encontre nun C1 de inglés, por exemplo, non vai ter ese nivel en todos os aspectos dunha lingua. Dependendo da súa experiencia con ese idioma presentará algúns puntos máis fortes que outros. Persoalmente, cando empecei a carreira a parte na que presentaba  máis deficiencias era a escrita. Así, creo que nas aulas hai que ter en conta todo este tipo de cousas e facer actividades para fortalecer os aspectos nos que o alumnado ten máis dificultades para así reforzalas. Así, tampouco hai que esquecer as partes nas que un é mellor e intentar seguir mellorándoas.

Por suposto que as persoas que estuden unha lingua teñen que aprender gramática, vocabulario, etc. mais isto non implica esquecer a cultura e o mundo que engloba a lingua estudada. Ademais, pódese aprender gramática e vocabulario á vez que se lle da importancia á cultura dunha lingua. Cada lingua entende o mundo de maneira diferente, e isto é o que abre a mente co estudante. Coñecer outras formas de ver o mundo e de entender as relacións humanas é algo moi interesante que fai madurar e apreciar máis os diferentes lugares. Saber a cultura doutros países ten unha vital importancia para desfacerse nas aulas de falsos estereotipos e crenzas que causas odio e rexeitamento a outros países e razas. Isto é moi importante no instituto sobre todo xa que na adolescencia algúns rapaces e rapazas créanse ideas erróneas sobre un pais o cultura. O mellor para combater isto é a información. Todos temos estereotipos dos distintos países do mundo. Pensamos que todos os habitantes son iguais, fan as mesmas cousas e teñen os mesmos gustos mais isto non é para nada certo. Pensemos en España por exemplo. As demais nacións teñen unha imaxe de toros, festa, sol e flamenco. Sen embargo a realidade é moi diferente xa que hai moitas rexións. Nós non afianzamos ese estereotipos e polo tanto cos demais países pasa igual. Así, co estudo da cultura estase a coñecer as diferentes manifestacións culturais dun país e por conseguinte estase coñecendo mellor.



Normalmente na educación só se lle da importancia ó inglés británico e/ou americano. Aínda pensamos que estes son os máis importantes e prestixiosos fronte as demais variantes do resto do mundo. Isto está ligado á cultura. Se só se estudan esas dous variantes do inglés estanse omitindo as demais que existen no mundo. Estase perdendo riqueza e coñecemento con respecto a outros tipos de inglés e a súa cultura. Todas as variantes de inglés son igual de importantes e tamén deben de ser tidas en conta. Tamén e certo que non da tempo para estudar todas as variantes mais creo que se lle pode dedicar un pouco de tempo a tratalas na clase. Hai que ensinar ós rapaces que a diversidade existe e non é un aspecto negativo senón algo positivo que mellora a sociedade.

Unha actividade que fixemos na clase e que creo que é totalmente adaptable a un aula de secundaria e que resultaría moi positiva foi ver un vídeo dunha escritora feminista. Este tipo de actividades, pola miña experiencia como alumno, gustan moito. O alumnado presta máis atención xa que é alguén que seguen, admiran, son fans, etc. Polo tanto, é unha boa ferramenta a hora de traballar a lingua inglesa. Con este tipo de vídeos pode traballarse a gramática, o vocabulario ou a pronunciación. Ó mesmo tempo poden introducirse debates na clase, con todos os seus beneficios, do tema do que tratase o vídeo. Creo que tamén nas clases deben tratarse temas tan importantes coma o tema do vídeo, o feminismo, para evitar malas condutas no futuro. Polo tanto, o vídeo daría pé a facelo. Se o debate pódese facer na lingua que se estuda mellor que mellor xa que así estaríase poñendo en práctica.

Por último, estudar unha lingua é unha actividade completamente satisfactoria xa que non só permite á persoa poder falala e comunicarse senón que tamén facilita ós estudantes o contacto e o coñecemento do mundo que os rodea.

Ata a próxima entrada!

viernes, 7 de diciembre de 2018

Tema 2: O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas


Ola a todos e todas!

Esta entrada do blog vai estar dedicada ao tema 2: O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea. Por conseguinte, este tema vai tratar sobre os documentos principais sobre as linguas e a súa aprendizaxe a nivel europeo. Así, gustaríame tratar nesta entrada o MCER (Marco Común Europe para as Linguas).  

O cometido do Marco Común Europeo para as Linguas é proporcionar unha base común para a creación de programas de linguas en toda Europa (exames, manuais, etc). Este organismo establece o que cada estudante ten que aprender para ser capaz de comunicarse. Tamén se contempla a cultura da lingua. Así, o MCER crea distintos niveles a nivel europeo para poder avaliar a aprendizaxe da persoa que está estudando unha lingua. Deste xeito, os docentes que se dedican a ensinanza de linguas en Europa poden basearse nuns mesmos parámetros para aprender esas linguas ós seus alumnos e alumnas. Así, cada curso na educación secundaria ten un nivel e uns obxectivos que o alumnado ten que acadar. Con respecto a isto, gustaríame comentar que moitas veces as clases son moi heteroxéneas. Aínda que un alumno estea cursando primeiro de Bacharelato, por exemplo, non ten por que ter o nivel que se imparte nese curso académico. Polo tanto, creo que é necesario realizar unha proba de nivel a principio de curso para saber onde se encontrar o alumnado ó que se lle vai impartir a materia. Unha vez realizada a proba deberanse analizar os resultados e dar a clase en consecuencia ós coñecementos base que a clase presenta. Non ten sentido impartir uns coñecementos que os estudantes xa saben ou que non entendan, xa que así, en ambos casos, a aprendizaxe resultaría pouco frutífera.





Ademais, o MCER supón un recoñecemento da titulación unha lingua e polo tanto permite á persoa que a obtivo moverse por Europa con ese título. Este aspecto é tremendamente positivo, xa que cunha acreditación dun nivel pódese optar a un traballo no estranxeiro, a un programa de mobilidade para estudar, etc. Amais, outros exames poden ser validados neste marco, como poden ser os exames de Cambridge, que tanta xente fai, ou tamén as probas de TOELF. Persoalmente fixen as probas TOELF o ano pasado. Sen embargo, as probas TOELF teñen un gran inconveniente e é que caducan nun período de tempo bastante limitado. Isto resulta bastante negativo xa que se se queren usar os resultados obtidos pasados dous anos estes xa non son válidos. Polo tanto, hai que pensarse moi ben cando se realizan estas probas para aproveitalas ó máximo debido a que son bastante caras.

Tamén me gustaría comentar un aspecto que me parece moi interesante con respecto ás medidas que se toman para mellorar a aprendizaxe das linguas. Este aspecto é proporcionar a todos os sectores da poboación a facilidade de estudar idiomas. Creo que é moi positivo no que respecta este punto que existan unha gran cantidade de escolas de idiomas, centros de linguas, etc. e que se implanten os idiomas na escola desde os primeiros cursos. Desta maneira, durante todos os cursos que compoñen a educación, ten que haber un plan de estudos de linguas estranxeiras moi ben creado que permita a evolución continuada nunha lingua para potenciar nos alumnos as destrezas nas linguas estranxeiras. Así, un dos criterios do MCER que se deben incluír é que se impartan uns contidos que se podan aplicar na realidade, para que cando se teña que poñer en práctica unha lingua nun país estranxeiro, cun nativo, escribir un texto nun idioma estranxeiro, etc. a persoa saiba como realizar esa acción adecuándose ó contexto e non soltando frases previamente memorizadas, no caso de que sexa unha conversa, que non teñan nada que ver co contexto no que se produce.

Ó mesmo tempo, é moi importante aprender a cultura e a relación que ten a xente noutro país. Isto resulta moi enriquecedor para o aprendiz e moi útil cando se viaxa a un país estranxeiro para evitar malentendidos. Con isto refírome a que un xesto pode ser moi inocente nun país mais noutro resultar un insulto. Por exemplo, nós usamos o dedo índice máis o corazón (con nudillos da man cara fóra) para designar o número dous, mais en Londres, por exemplo, este xesto corporal ten un significado completamente diferente. Este xesto é o equivalente ó noso corte de manga. Outro tipo de información de utilidade podería ser cómo se coñecen as persoas nos diferentes países. Nós normalmente damos dous bicos, mais noutros países isto está mal visto, e para evitar algunha que outra situación incómoda é necesario ter este tipo de coñecemento.

Finalmente, é un bo traballo o de preparar á poboación para que sexa capaz de estudar ou traballar fora, favorecer o entendemento e respecto a outras culturas, etc. Especialmente, este entendemento ten unha importancia especial nos últimos anos debido os grandes odios que parece que xorden de novo cara outros países. O coñecemento dunha lingua é un aspecto que ten tremenda importancia para a vida dunha persoa e deberíase dar moita importancia xa que un idioma abre moitas portas.  

Ata a próxima entrada!

miércoles, 28 de noviembre de 2018

Tema 1: La enseñanza de lenguas en el presente modelo educativo, nacional y autonómico.

Ola a todos e todas!

Nesta primeira entrada gustaríame tratar o que me pareceu interesante das clases nas que se tratou o tema un titulado: A ensinanza de linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico. Polo tanto, este tema trata sobre as linguas estranxeiras tanto en Galicia como en España desde a perspectiva da educación obrigatoria, post-obrigatoria e de réxime especial.

Un tema que creo que ten moita importancia e que se debe tratar na clase é os cambios de lexislación polos que pasa a educación no noso país. Esta sufriu modificacións antes e durante o réxime franquista e despois da instauración da democracia. Todos os novos plans en materia de educación engaden ou suprimen algún aspecto que a anterior lei propuxera. Así, as etapas escolares e as súas idades correspondentes, as probas a realizar despois de cada etapa, os contidos, os obxectivos o trato que reciben as linguas estranxeiras vense modificados. Así, a historia e o pasado poden ser a mellor maneira de aprender e mellorar o curso dun país, xa que neles se mostran as cousas que se fixeron ben e funcionaron e as que se fixeron mal e fracasaron. Polo tanto, a historia e o pasado hai que telos de man para así evitar os erros, aprender deles e centrarse nos acertos e seguir mellorándoos. Sen embargo, paréceme un desacerto moi grave que se modifiquen as leis educativas sen ter en conta a anterior tendo en conta o que resultou positivo para e o que non.




O feito de que haxa unha gran cantidade de cambios en curtos períodos de tempo é un aspecto negativo para a educación, xa que non se para de avanzar e logo retroceder. Cando non hai nada fixo e se está modificando continuamente un aspecto tan importante como a educación non hai avances. A clase política tería que poñerse de acordo no que respecta á materia de educación xa que é un pilar para o avance dun país. A educación é uns dos primeiros aspectos ós que hai que darlle importancia xa que o futuro dun país depende dela, e hai que deixar atrás reformas por cuestións políticas e centrarse no que verdadeiramente é importante: formar ás novas xeracións. Non se pode xogar coa educación porque se está xogando co futuro dos estudantes. Sen embargo, isto non quere dicir que non se modifique nunca. Tanto a sociedade coma a xente está en constante cambio e polo tanto hai que adecuar a educación a eses cambios que poidan xurdir. Polo tanto, os cambios sempre son benvidos se se fan desinteresadamente para a mellora da educación e non por cuestións políticas, xa que, como comentei con anterioridade, hai que adaptar a educación ás novas xeracións, senón quedaría obsoleta e sería un fracaso.

Tamén na clase se realizan actividades en grupo. Unha actividade que me chamou a atención foi a primeira que tivo lugar. Foi unha actividade que persoalmente penso incluír cando sexa docente. Pareceume de gran utilidade. Esta actividade foi unha presentación un por un do alumnado. Cada alumno falou acerca dos estudos que fixera xa fose un grado, un máster ou un doctorado. Tamén comentamos se estudamos fóra e onde, que linguas demos na carreira, por qué facíamos o máster de profesorado e cales eran os nosos plans de futuro. Con esta presentación a profesora pretendía coñecer ó seu alumnado un pouco mellor, saber a nosa procedencia académica e os nosos plans de futuro. O mesmo tempo, con este tipo de presentacións achégase o alumnado e o profesorado e créase un ambiente de máis confianza. Este aspecto é moi positivo para a aprendizaxe. En moitas ocasións onde o profesor ou profesora está distante dos seus alumnos, estes non se sinten cómodos á hora de preguntarlle as dúbidas que teñan, o que repercute na súa aprendizaxe. Polo tanto, nun ambiente con máis confianza isto non pasa.

No medio da explicación do tema un houbo un debate e un intercambio de opinións entre a clase sobre as linguas estranxeiras e as correspondentes leis educativas que as modifican. Varias persoas da clase deron a súa opinión sobre este tema, as linguas estranxeiras, e como estas son abordadas polo sistema educativo erroneamente en moitas ocasións. Por exemplo, unha compañeira dixo que un dos propósitos que ten para o futuro e crear un colexio completamente diferente ó que existe hoxe en día, cunha metodoloxía nova onde se dará importancia a moitos aspectos ós que actualmente non. Con respecto a este tema eu creo que ten que haber unha modificación na ensinanza das linguas estranxeiras xa que pasamos a nosa vida académica (infantil, primaria, ESO e Bacharelato) estudando inglés e, cando acabamos a última etapa, a maior parte do alumnado non ten un nivel aceptable. Ademais, en relación ó debate, eu engadín un comentario sobre a miña experiencia. Creo que debería darse máis importancia á parte oral nas aulas, xa que as explicacións no instituto céntranse moito na gramática e pouco en falar. Como non se da moita importancia, o alumnado en xeral non ten capacidade para entender e expresarse e cando había un profesor que falaba en inglés, os alumnos pedíamoslle que falase en castelán porque non entendíamos. Era unha pescadilla que se mordía a cola.

Finalmente, este tipo de actividades, o debate, etc. son moi beneficiosas para o alumnado por moitos motivos. No caso dos debates todo o mundo ten a oportunidade de expresar a súa opinión, o que fai que a persoa síntase parte da clase. Aparte, escoitar máis opinións doutros compañeiros abre a mente xa que un escoita novos enfoques ás linguas estranxeiras e á súa aplicación na educación. Ademais, agora que estamos estudando para ser profesores e profesoras temos que unir as nosas forzas para facer dos institutos un lugar mellor onde se dea prioridade á aprendizaxe e á mellora da educación pouco a pouco.


Un saúdo e ata a próxima. 


lunes, 26 de noviembre de 2018

Dosier Tema 5: O deseño curricular


Benvidos a todos e todas a unha nova entrada!

Esta entrada de Dosier tratará sobre as actividades relacionadas que se fixeron con respecto ó tema 5. Primeiramente, fixemos unha actividade en pirámide como introdución da clase. Es tipo de actividades consisten en poñer en común en grupos os teus coñecementos sobre un tema co resto de compañeiros. En primeiro lugar en parellas, logo en grupos de catro, logo en grupos de oito e por último toda a clase (éramos dezaseis). O tema no que versou esta actividade en pirámide foi o currículo, cales son os seus elementos e cales son as competencias básicas. Este tipo de actividades en pirámide resultan moi positivas para o alumnado xa que todo o mundo pode participar e, no caso de que alguén non saiba algo, pode ser axudado polo seu grupo ou polo resto da clase na posta en común final. Cando acabamos de poñer en común todo o falado (se escolleron os puntos que nos pareceran máis adecuados para a actividade), o profesor empezou a preguntar polo que se falou e a responder as cuestións que lle facía o estudantado. O profesor dirixe a actividade e está pendente en todo momento es qué momento estamos. Isto tamén é algo eficaz á hora da realización da actividade xa que no caso de ter algunha dúbida sempre o alumnado pode preguntar ó profesor.  

Outra actividade que se fixo na clase foi unha feita a través da aplicación Kahoot. Esta aplicación ten como finalidade tratar contidos dunha maneira máis atractiva e innovadora, o cal se agradece nas aulas, xa que o alumnado acábase desmotivándose se sempre se tratan os contidos de maneira mecánica e teórica. Esta aplicación permitiu facer unha competición entre todos os grupos formados para esta actividade, o cal demandaba unha maior atención xa que, a parte de que era unha competición, había un tempo específico para responder a cada pregunta. Cada grupo respondía á pregunta e despois de que acabara o tempo aparecían os resultados e en que posta estaba cada un. Ó mesmo tempo, como por cada pregunta hai un certo tempo para responder, este tipo de actividades realmente pon a proba o coñecemento de cada persoa e se esta sabe ou non a resposta. De non saber a contestación, o alumno sabe onde fallou e qué ten que repasar. Así, o profesor ten a opción de gardar as respostas e os resultados que deu o alumnado. Polo tanto, esta aplicación é unha boa ferramenta para o inicio dun tema ou ó final do mesmo para ver cal é o punto de partida do alumnado, para ver a progresión do mesmo ou para comprobar cómo resultou o proceso da aprendizaxe. Tamén na aplicación se pode recoller o feedback dos alumnos. Esta información tamén e moi importante para o profesorado para ver se o que está utilizando e de qué maneira é útil para o alumnado. Pódese saber así cómo funcionou a actividade. Con todo, resultou unha maneira diferente e orixinal de tratar os contidos e isto implica unha maior atención ó que conduce a unha maior aprendizaxe.



Despois da pausa abordouse outra actividade sobre o trato que reciben as linguas estranxeiras na LOMCE. Para esta actividade tamén fixéronse grupos, e a cada un asignáronse varios punto da actividade. Polo tanto, o primeiro de todo foi, dento do grupo, decidir que facía cada persoa do grupo. Unha vez feito, empezamos a buscar información para responder á cuestión que nos tocou. Unha complicación que xurdiu con respecto á compilación de información foi que, dependendo de que apartado, era un pouco difícil atopala debido á gran extensión dalgún documentos que se estaban empregando. Despois de que todo o mundo xuntara a información, cada grupo, en alto, compartiu co resto da clase o que puxo nos apartados que lle tocou cubrir. Posteriormente, o profesor aumentaba ese apartado cunha explicación. Isto resulta moi positivo, porque así non só se gañan coñecementos sobre o que lle tocou buscar a cada un, senón tamén das cuestións dos demais compañeiros e, coas explicacións do profesor, cada cuestión quedaba máis clara.  

Finalmente, tanto as actividades como os seus contidos resultan positivos para a nosa formación como docentes xa que debemos ter nocións da LOE, LOMCE, etc. e as aplicacións poden ser usadas na clase tamén para tratar os contidos. Temos sempre que estar ó tanto da lei educativa vixente xa que non se pode realizar na aula nada que non estea contemplado pola lei. Persoalmente, este tema e os seus contidos resultan de interese xa que non é algo que se trate con normalidade nas aulas no instituto ou nas materias da universidade.

Ata pronto!

Diario Tema 5: O deseño curricular


Benvidos a todos e todas a unha nova entrada!

Esta entrada de diario vai versar sobre os contidos do tema cinco que se tratan na clase. Nesta materia non só se tratan contidos a través das explicacións do profesor, senón que tamén se tratan  a través de maneiras máis innovadoras, interactivas e motivadoras como poden ser facer actividades en grupo ou mediante aplicacións online.

Un dos aspectos tratados neste tema cinco foron os elementos do currículo. Estes elementos son de vital importancia xa que son os que van determinar a educación que recibe o alumnado. Un destes elementos son as competencias do currículo. Con respecto a elas, creo que hai algunhas ás que se lle da máis importancia e outras quedan nun segundo plano como son a competencia social e cívica ou conciencia e expresións culturais. Polo que respecta á miña experiencia, na maioría de materias dábase máis importancia as demais e deixábanse un pouco de lado as competencias anteriormente citadas. Isto no quere dicir que non se lle dea importancia ós contidos, que son moi importantes tamén, pero nunca se debería esquecer educar ós alumnos sobre a realidade social na que se vive e ensinar a valorar as diferentes expresións culturais dun territorio. No que respecta á materia de inglés, eu creo que se deberían impartir máis horas, xa que saber un idioma vai ser de gran utilidade no futuro. Eu estou moi contento da decisión de ter estudado unha carreira de idiomas xa que agora podo viaxar e comunicarme, ver material en versión orixinal, ler en inglés, etc. Outro aspecto de suma importancia son as metodoloxías usadas na aula. Cando se emprega unha metodoloxía obsoleta o alumnado non presta atención e perde a motivación pola materia. Isto implica un empobrecemento para o alumnado con respecto á aprendizaxe desa materia e un esforzo en van para o profesor xa que os alumnos e alumnas non prestan atención. Por esta razón hai que incluír novas metodoloxías que capten a atención do alumnado e así conseguir que aprendan máis e mellor, non só que memoricen conceptos. A finalidade última debería ser que puidesen reter os conceptos aprendidos moito tempo e poder usalos no futuro.

Tamén se tratou na clase os grados de concreción curricular. Desde o primeiro ata o último debería ser en conta a calidade da educación, e non facer as leis, decretos, etc. por razóns políticas xa que isto o que crea é un deterioro paulatino da educación, algo inadmisible. A educación e un dos aspectos máis importantes do país e debería ser primordial mantela saudable. Con todo, no grado dos centros docentes, estes son moi importantes xa que son os que teñen a posibilidade de saber todos as particularidades que existen no centro educativo e así facer un proceso de educación completamente inclusivo.

Outro tema tratado foron as escolas de idiomas, excelente opción para aprender un idioma. As escolas de idiomas resultan moi positivas para aprender un idioma, xa que van nivel a nivel, o que fai a aprendizaxe moito máis sinxela. Isto non implica que non impartan suficiente nivel, todo o contrario, por cada curso os alumnos e as alumnas adquiren unha gran cantidade de coñecementos e habilidades nesa lingua que están estudando. Ademais, as escolas de idiomas son moito más accesibles economicamente que aprender un idioma nunha academia privada. Persoalmente asistín a escola de idiomas cursando alemán. O tempo que o estiven estudando aprendín moito e serviume para crear unha base antes de entrar na universidade. Así, as escolas de idiomas serven tanto de formación complementaria para unha lingua que se estea estudando no instituto, universidade, etc. como para a adquisición dun idioma unicamente nesa institución. Adicionalmente, co paso do tempo fóronse creando más escolas de idiomas en máis puntos xeográficos ó longo do territorio polo que é moi fácil ter acceso a unha.

As actividades e contidos que tratamos na clase teñen que ser incluídas nun blog, o cal conta un 50%. O blog é unha idea moi positiva xa que fai levar ós alumnos leven a materia ó día e non se deixe todo para o final. Ó levar a materia ó día pódense ir asimilando os contidos pouco a pouco e polo tanto estarán na cabeza máis tempo. Do contrario, esqueceríanse moito máis rápido. Así mesmo, ó ter que facer ó blog estamos poñendo en práctica a nosa competencia tecnolóxica, algo tan importante na actualidade xa que a tecnoloxía está presente en todos os ámbitos da nosa vida. Finalmente, hai moitas ferramentas para facer que os alumnos aprendan de maneira diferente e evitar que só “chapen” para o exame. Unhas destas ferramentas é precisamente o blog. A non existencia dun exame fai que o alumnado tome a materia cunha distinta filosofía coa que a tomaría de haber un exame final, xa non só se centran en aprobar senón tamén en aprender.

Ata a próxima entrada!