Esta entrada de diario vai versar sobre os contidos do tema cinco que se
tratan na clase. Nesta materia non só se tratan contidos a través das
explicacións do profesor, senón que tamén se tratan a través de maneiras máis innovadoras,
interactivas e motivadoras como poden ser facer actividades en grupo ou
mediante aplicacións online.
Un dos aspectos tratados neste tema cinco foron os elementos do currículo.
Estes elementos son de vital importancia xa que son os que van determinar a
educación que recibe o alumnado. Un destes elementos son as competencias do
currículo. Con respecto a elas, creo que hai algunhas ás que se lle da máis
importancia e outras quedan nun segundo plano como son a competencia social e
cívica ou conciencia e expresións culturais. Polo que respecta á miña
experiencia, na maioría de materias dábase máis importancia as demais e
deixábanse un pouco de lado as competencias anteriormente citadas. Isto no
quere dicir que non se lle dea importancia ós contidos, que son moi importantes
tamén, pero nunca se debería esquecer educar ós alumnos sobre a realidade
social na que se vive e ensinar a valorar as diferentes expresións culturais
dun territorio. No que respecta á materia de inglés, eu creo que se deberían
impartir máis horas, xa que saber un idioma vai ser de gran utilidade no
futuro. Eu estou moi contento da decisión de ter estudado unha carreira de
idiomas xa que agora podo viaxar e comunicarme, ver material en versión
orixinal, ler en inglés, etc. Outro aspecto de suma importancia son as metodoloxías usadas na aula. Cando se emprega unha metodoloxía
obsoleta o alumnado non presta atención e perde a motivación pola materia. Isto
implica un empobrecemento para o alumnado con respecto á aprendizaxe desa
materia e un esforzo en van para o profesor xa que os alumnos e alumnas non
prestan atención. Por esta razón hai que incluír novas metodoloxías que capten
a atención do alumnado e así conseguir que aprendan máis e mellor, non só que
memoricen conceptos. A finalidade última debería ser que puidesen reter os
conceptos aprendidos moito tempo e poder usalos no futuro.
Tamén se tratou na clase os grados de concreción curricular. Desde o primeiro ata o último debería ser en conta a
calidade da educación, e non facer as leis, decretos, etc. por razóns políticas
xa que isto o que crea é un deterioro paulatino da educación, algo inadmisible.
A educación e un dos aspectos máis importantes do país e debería ser primordial
mantela saudable. Con todo, no grado dos centros docentes, estes son moi
importantes xa que son os que teñen a posibilidade de saber todos as
particularidades que existen no centro educativo e así facer un proceso de educación
completamente inclusivo.
Outro tema tratado foron as escolas de idiomas, excelente opción para aprender un idioma. As escolas de
idiomas resultan moi positivas para aprender un idioma, xa que van nivel a
nivel, o que fai a aprendizaxe moito máis sinxela. Isto non implica que non
impartan suficiente nivel, todo o contrario, por cada curso os alumnos e as
alumnas adquiren unha gran cantidade de coñecementos e habilidades nesa lingua
que están estudando. Ademais, as escolas de idiomas son moito más accesibles
economicamente que aprender un idioma nunha academia privada. Persoalmente
asistín a escola de idiomas cursando alemán. O tempo que o estiven estudando
aprendín moito e serviume para crear unha base antes de entrar na universidade.
Así, as escolas de idiomas serven tanto de formación complementaria para unha
lingua que se estea estudando no instituto, universidade, etc. como para a
adquisición dun idioma unicamente nesa institución. Adicionalmente, co paso do
tempo fóronse creando más escolas de idiomas en máis puntos xeográficos ó longo
do territorio polo que é moi fácil ter acceso a unha.
As actividades e contidos que tratamos na clase teñen que ser incluídas nun
blog, o cal conta un 50%. O blog é unha idea moi positiva xa que fai levar ós
alumnos leven a materia ó día e non se deixe todo para o final. Ó levar a
materia ó día pódense ir asimilando os contidos pouco a pouco e polo tanto
estarán na cabeza máis tempo. Do contrario, esqueceríanse moito máis rápido.
Así mesmo, ó ter que facer ó blog estamos poñendo en práctica a nosa competencia
tecnolóxica, algo tan importante na actualidade xa que a tecnoloxía está
presente en todos os ámbitos da nosa vida. Finalmente, hai moitas ferramentas
para facer que os alumnos aprendan de maneira diferente e evitar que só
“chapen” para o exame. Unhas destas ferramentas é precisamente o blog. A non
existencia dun exame fai que o alumnado tome a materia cunha distinta filosofía
coa que a tomaría de haber un exame final, xa non só se centran en aprobar
senón tamén en aprender.
Ata a próxima entrada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario