Benvidos a todos e todas a unha nova entrada!
Esta entrada de Dosier tratará sobre as actividades relacionadas que se
fixeron con respecto ó tema 5. Primeiramente, fixemos unha actividade en
pirámide como introdución da clase. Es tipo de actividades consisten en
poñer en común en grupos os teus coñecementos sobre un tema co resto de
compañeiros. En primeiro lugar en parellas, logo en grupos de catro, logo en
grupos de oito e por último toda a clase (éramos dezaseis). O tema no que versou
esta actividade en pirámide foi o currículo,
cales son os seus elementos e cales son as competencias básicas. Este tipo de
actividades en pirámide resultan moi positivas para o alumnado xa que todo o
mundo pode participar e, no caso de que alguén non saiba algo, pode ser axudado
polo seu grupo ou polo resto da clase na posta en común final. Cando acabamos
de poñer en común todo o falado (se escolleron os puntos que nos pareceran máis
adecuados para a actividade), o profesor empezou a preguntar polo que se falou
e a responder as cuestións que lle facía o estudantado. O profesor dirixe a
actividade e está pendente en todo momento es qué momento estamos. Isto tamén é
algo eficaz á hora da realización da actividade xa que no caso de ter algunha
dúbida sempre o alumnado pode preguntar ó profesor.
Outra actividade que se fixo na clase foi unha feita a través da aplicación
Kahoot. Esta aplicación ten como finalidade
tratar contidos dunha maneira máis atractiva e innovadora, o cal se agradece
nas aulas, xa que o alumnado acábase desmotivándose se sempre se tratan os
contidos de maneira mecánica e teórica. Esta aplicación permitiu facer unha
competición entre todos os grupos formados para esta actividade, o cal
demandaba unha maior atención xa que, a parte de que era unha competición,
había un tempo específico para responder a cada pregunta. Cada grupo respondía
á pregunta e despois de que acabara o tempo aparecían os resultados e en que
posta estaba cada un. Ó mesmo tempo, como por cada pregunta hai un certo tempo
para responder, este tipo de actividades realmente pon a proba o coñecemento de
cada persoa e se esta sabe ou non a resposta. De non saber a contestación, o
alumno sabe onde fallou e qué ten que repasar. Así, o profesor ten a opción de
gardar as respostas e os resultados que deu o alumnado. Polo tanto, esta
aplicación é unha boa ferramenta para o inicio dun tema ou ó final do mesmo
para ver cal é o punto de partida do alumnado, para ver a progresión do mesmo ou para comprobar cómo resultou o proceso da aprendizaxe. Tamén na
aplicación se pode recoller o feedback dos alumnos. Esta información tamén e
moi importante para o profesorado para ver se o que está utilizando e de qué
maneira é útil para o alumnado. Pódese saber así cómo funcionou a actividade. Con todo, resultou
unha maneira diferente e orixinal de tratar os contidos e isto implica unha
maior atención ó que conduce a unha maior aprendizaxe.
Despois da pausa abordouse outra actividade sobre o trato que reciben as linguas
estranxeiras na LOMCE. Para esta actividade tamén fixéronse grupos, e a
cada un asignáronse varios punto da actividade. Polo tanto, o primeiro de todo
foi, dento do grupo, decidir que facía cada persoa do grupo. Unha vez feito,
empezamos a buscar información para responder á cuestión que nos tocou. Unha
complicación que xurdiu con respecto á compilación de información foi que,
dependendo de que apartado, era un pouco difícil atopala debido á gran
extensión dalgún documentos que se estaban empregando. Despois de que todo o
mundo xuntara a información, cada grupo, en alto, compartiu co resto da clase o
que puxo nos apartados que lle tocou cubrir. Posteriormente, o profesor
aumentaba ese apartado cunha explicación. Isto resulta moi positivo, porque así
non só se gañan coñecementos sobre o que lle tocou buscar a cada un, senón
tamén das cuestións dos demais compañeiros e, coas explicacións do profesor,
cada cuestión quedaba máis clara.
Finalmente, tanto as actividades como os seus contidos resultan positivos
para a nosa formación como docentes xa que debemos ter nocións da LOE, LOMCE,
etc. e as aplicacións poden ser usadas na clase tamén para tratar os contidos.
Temos sempre que estar ó tanto da lei educativa vixente xa que non se pode
realizar na aula nada que non estea contemplado pola lei. Persoalmente, este
tema e os seus contidos resultan de interese xa que non é algo que se trate con
normalidade nas aulas no instituto ou nas materias da universidade.
Ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario