Benvidos todos e todas a unha nova entrada no meu blog!
Esta nova entrada de Dosier vai tratar sobre as actividades relacionadas co
tema sete. Primeiramente, comezou o tema sete cun pequeno debate sobre a
metodoloxía CLIL. Ó principio non recordaba de qué se trataba esa metodoloxía e
polo tanto tardei un par de minutos e decatarme qué significaba. A metodoloxía CLIL e un método que se emprega nos centros que
ofertan seccións bilingües (o 50% dunha materia ten que estar impartida en
inglés) e plurilingües (centros que teñen materias en inglés). Así, os debates
son moi positivos para empezar un novo tema xa que, ó intercambiar diferente
ideas entre o alumnado, o profesor sabe dende onde parten os coñecementos dos
seus alumnos. Deste xeito, o decente pode planificar sesións onde sexa
necesario repaso como pode ser no caso dunha aula de idiomas. Persoalmente,
este debate resultoume de moita axuda xa que eu nun principio non me decataba
do que significaba a metodoloxía CLIL, e ó intercambiar distintas ideas,
coñecementos, opinións, etc. entre o alumnado sobre o tema xa fixen memoria
sobre os coñecementos que eu tiña sobre este método.
Outra actividade que fixemos para este tema sete foi buscar información por
grupos dun dos temas propostos polo profesor. Había cinco temas e polo tanto a
clase foi dividida en cinco grupos. Os temas ofertados foron os seguintes: O
marco europeo para a educación do profesorado CLIL, as sínteses e conclusións
sobre o estudo da aprendizaxe integrada de contidos e linguas no contexto
escolar europeo, as cinco dimensións de Marsh, a andamiaxe ou scaffolding en
CLIL e, por último, o deseño do currículo integrado CLIL. Ó noso grupo formado
por tres integrantes tocoulle o último tema. Xa fixera máis actividades con
estes dous compañeiros e xa sabíamos como proceder para facer a actividade. Antes
de empezar a buscar información falamos acerca de cómo debíamos
organizarnos e sobre qué buscar. Cando tivemos todo decidido foi cando
empezamos a realizar a actividade.
Nun primeiro paso empezamos a buscar a información todos xuntos. En
Internet buscamos o referente ó noso tema, o deseño do currículo integrado
CLIL, xa fosen artigos, páxinas, etc. Como pasaba o tempo, o remate da clase
non estaba lonxe e non atopábamos gran cousa, optamos por buscar cada
integrante do grupo información sobre cada parte que forma o currículo
integrado CLIL. Así, puidemos obter máis información en menos tempo. Polo tanto
esa foi unha das pequenas dificultades da tarefa, encontrar información sobre o
tema que nos tocou. Encontrábamos contido sobre o tema mais non era o preciso
para realizar a tarefa. Sen embargo, so tivemos que seguir buscando para
encontrar e que verdadeiramente necesitábamos. Cando todo mundo terminou a súa
infografía, estas foron expostas na seguinte clase. Como coas demais
actividades dos temas da materia, isto resulta moi positivo xa que así os
demais grupos teñen a oportunidade de saber de qué trataban os demais aspectos
da actividade e polo tanto aprender sobre eles. Así, cada grupo fai o seu
traballo ademais de compartir coñecementos uns cos outros a hora de expoñer os
nosos traballos.
Esta tarefa gustoume e foi moi positiva xa que con ela aprendín novos
coñecementos sobre os temas anteriormente citados. Antes da actividade era algo
case completamente descoñecido xa que non tivera ningunha experiencia con esta
metodoloxía pero despois de tela realizado son moito máis consciente deste
método. Ademais, outro aspecto positivo desta actividade é que para facela
usamos unha infografía. Tivemos varias opcións entra as cales cada grupo podía
escoller a que máis lle gustase. Nós escollemos ‘Canva’. Penso que as infografías son moi útiles para calquera etapa educativa e poden ser
usadas a calquera idade. Serven para explicar conceptos na clase ou ben para
facer apuntes esquemáticos para repasar para un exame. Na infografía tampouco
cabe moita información así que só se inclúe o máis importante e é por isto que
é unha boa ferramenta para repasar ou mesmo introducir un tema ó alumnado de
maneira diferente.
Por último, este tema resultou tamén de moito interese para min xa que
trouxo coñecementos novos que van ser de moita utilidade para o noso futuro
como docentes xa que pode que teñamos que ser parte desta metodoloxía. Amais,
estes temas e actividades dan pé ó uso de ferramentas online como poden ser as
infografía, o que tamén nos será de moita axuda na nosa actividade como
profesores e profesoras así como na vida en xeral debido ó mundo informatizado
no que vivimos.
Moias grazas a todos e todas!
Bo día, Miguel:
ResponderEliminarEn primeiro lugar, darche a noraboa polo teu blog; Gústame moito.Por outro lado, comentar que estou de acordo contigo en todo o que escribes. Para mín tamén foi de interese todo o tema xa resultaba descoñecido para gran parte do alumnado. Ademais, o emprego de ferramentas online durante todo o desenvolvemento do tema 7, así como no resto dos temas, propiciou unha maior integración e participación do grupo-aula, ou iso penso. Está ben o uso de xogos na aula xa que nós, como futuros docentes, se queremos atraer ao noso estudantado teremos que levarlle a diversión á aula, e non está de máis aprender do noso profesorado!
Un saúdo,
Ana Proupín