Ola a todos e todas!
Esta nova entrada de diario vai estar a dedicada ó tema sete. Este tema
trata o seguinte aspecto: metodoloxía CLIL/AICLE. Polo tanto, nesta entrada vou
facer reflexións sobre os contidos deste tema.
A metodoloxía CLIL (Context and Language Integrated Learning) ou AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Lingua Estranxeira) é un método que
fai referencia a cando as materias ou parte delas son impartidas nunha lingua
estranxeira para tanto aprender os contidos da materia como unha lingua estranxeira. Pode
darse situacións onde haxa seccións bilingües (onde o 50% da materia ten que
estar dado en inglés) ou plurilingües (a materia é en inglés). Así, para este
tipo de centros o profesorado ten que ter un B2. Persoalmente creo que este
nivel é insuficiente xa que, realmente, segundo o marco, o nivel competente son
os C1 e C2. Ademais, non é o mesmo ter un coñecemento xeral da lingua que ter
que impartir unha materia nunha lingua estranxeira. É moito máis complicado.
Unha materia, como por exemplo bioloxía, ten unha gran cantidade de vocabulario
específico e tecnicismos. Este tipo de termos non son aprendidos nun estudo
dunha lingua e cun B2, nun principio, o docente non tería este tipo de
vocabulario. Tamén se o profesor ou profesora nunca viaxou ó estranxeiro para
practicar o idioma non tería tanta experiencia na lingua. O problema que
podería xurdir nalgúns casos sería que habería profesores que non terían o
suficiente nivel para impartir a materia. Ó mesmo tempo habería alumnos que non
terían un nivel axeitado para o seguimento da materia polo que os beneficios
que esta metodoloxía achega as aulas veríanse anulados. Amais, nesta
metodoloxía prima a adquisición dos contidos das materias á vez que se aprende
unha lingua. Polo tanto non sería bo que o docente estivese corrixindo ó alumando
os erros que cometesen ó falar. Deste xeito o alumnado acabaría tendo vergoña
de falar e non acabaría participando. Non é unha clase de idiomas e por
conseguinte a gramática ten un papel secundario. O importante é a fluidez,
expresarse e comunicarse na lingua estranxeira.
Para poder levar a cabo este método tería que haber máis horas dedicadas ás
linguas estranxeiras nas que se imparten as distintas materias. Así, con máis
horas en inglés ou francés o alumnado tería máis nivel e polo tanto sería máis
capaz de seguir unha clase no idioma estranxeiro. Outra idea sería empezar
a impartir en inglés as clases ou parte delas xa desde unha idade moi temperá.
Deste xeito o alumnado non tería problema para seguilas unha vez chegado a
niveis máis superiores. En Europa ten unha máis fácil adaptación xa que o
alumnado presenta un mellor nivel de inglés e polo tanto esta metodoloxía pode
ser levada a cabo. En España non é o caso actualmente e por iso é máis difícil
a súa implantación.
Tamén me gustaría falar doutro tema que vimos na clase e que parece
importante: o andamiaxe ou scaffolding. Este tema está relacionado coas teorías de Vigotsky e
divide a capacidade que teñen os alumnos a hora de dar solucións os problemas
que poden xurdir na aula. Esta división comprende aquelas actividades que o
alumnado pode realizar por si mesmo, aquelas actividades que o alumnado non é
capaz de realizar incluso sendo axudado e as tarefas que si que pode mais con
axuda externa do profesor. Así, o docente é moi importante xa que é o que
proporciona as ferramentas necesarias ó alumnado para adquirir novos
coñecementos e poder ser capaz de realizar tarefas e actividades cada vez máis
difíciles. Así, o alumnado, pouco a pouco, está capacitado para levar a cabo as
diferentes tarefas por si so. Crear autonomía nos estudantes é vital para que
saiban realizar todo por si so xa que en moitas situacións coma os exames non
van ter axuda. Concretamente no CLIL a andamiaxe é moi importante e debe de
proporcionarse tanto para o contido como para a lingua.
Por último, a metodoloxía CLIL ou AICLE é unha moi boa idea para impartir
contidos que nun inicio non serían impartidos en inglés. Deste xeito apréndense
contidos á vez que se está adquirindo unha lingua estranxeira. Esta metodoloxía
trae unha gran cantidade de beneficios para o alumnado mais se este ten un nivel
aceptable na lingua xa que se esta situación non se dá non se podería impartir
unha clase nun idioma estranxeiro. Con todo, e metodoloxía CLIL supón un novo enfoque
para as aulas dos institutos e das escolas.
Moitas grazas a todos e todas!
Ola Miguel,
ResponderEliminarExcelente entrada, moi ben explicado e moi ben resumido. Gustaríame partillar contigo as miñas reflexións, que en realidade non se diferencian moito das túas. Ao igual ca ti considero que un B2 non é un nivel suficiente para impartición dunha materia nun centro, é dicir, entendo que é un nivel que xa permite a comunicación, pero non creo que sexa o nivel idóneo para a impartición dunha materia. Sobre todo tendo en conta que hoxe en día moitos dos rapaces reforzan os seus coñecementos da lingua a través de academias ou escolas de linguas, é polo tanto podería darse o caso de que o propio alumnado se revele máis competente que o propio profesor. Neste sentido creo que temos que ser un pouco máis esixentes.
En canto a estas esixencias na corrección, tal e como mencionas nestes caso o máis importante é o contido e non tanto a lingua, pero hai que ter en conta que esta é tamén unha parte fundamental, por isto como dis non creo que teñamos que corrixir ao alumnado por cada falta que comete, pero que si o deberíamos facer cando vexamos que se trata dun erro recorrente. Ao fin e ao cabo con estes programas pretendese fomentar o uso das linguas estranxeiras, pero se o que vamos fomentar son usos incorrectos o programa perdería o seu fin e vantaxes en gran parte.
Tamén estou de acordo contigo no referente ás dificultades de implantación deste método en España a causa do nivel do alumnado, de todos os xeitos non creo que o aumento de número de horas dedicadas as linguas estranxeiras sexa a solución, creo que a solución pasa máis ben por un novo enfoque metodolóxico que propicie a aprendizaxe e se aloxe das sesións maxistrais.
En definitiva, quédanos moito por traballar en materia de linguas!
Un saúdo.
Ola Miguel!
ResponderEliminarEntrada moi interesante. Gustaríame centrar o meu comentario no primeiro punto que escribes e na tua opinión respecto do nivel B2 para impartir materias en CLIL. Concordo totalmente contigo en canto a que un B2 é moi pouco para levar a cabo un ensino eficiente, xa que o docente terá unhas limitacions bastante claras por ter ese nivel na lingua estranxeira. Se ben un C2 parece excesivo, un C1 podería ser un nivel mais axeitado para esta actividade.
Un saúdo.