Ola a todos e todas de novo!
Esta nova entrada de blog vai estar dedicada ó tema 4: os niveis de
referencia de aprendizaxe das linguas e o desenvolvemento das competencias.
Polo tanto, vou tratar aqueles aspectos que me pareceron interesantes e dos que
me gustaría falar nesta nova entrada.
Primeiramente, gustaríame comentar que o estudo da lingua debe abranguer
todos os rexistros da mesma, desde o máis formal ata o máis informal tendo o
falante así a capacidade de adaptarse a cada situación. Non ten sentido estar
falando cun amigo na rúa, estar tomando un café, e falar coma se se estivera
dando unha conferencia. Hai que dar importancia ás situacións máis informais xa
que tamén forman parte do coñecemento da lingua. No que respecta á miña
experiencia, nas clases de inglés no instituto este aspecto non se traballaba
moito xa que principalmente tratábamos situacións formais. Pola contra, cando
estudei alemán na escola de idiomas a situación era moi diferente e si que se
lle daba máis importancia a situacións máis informais que suceden na rúa, cos
amigos, etc. Polo tanto, é un aspecto que se debería tratar máis na educación
secundaria mediante, por exemplo, a creación de diálogos que despois se terán
que poñer en práctica.
Como se comentou na clase, unha persoa que se encontre nun C1 de inglés,
por exemplo, non vai ter ese nivel en todos os aspectos dunha lingua.
Dependendo da súa experiencia con ese idioma presentará algúns puntos máis
fortes que outros. Persoalmente, cando empecei a carreira a parte na que
presentaba máis deficiencias era a
escrita. Así, creo que nas aulas hai que ter en conta todo este tipo de cousas e
facer actividades para fortalecer os aspectos nos que o alumnado ten máis
dificultades para así reforzalas. Así, tampouco hai que esquecer as partes nas
que un é mellor e intentar seguir mellorándoas.
Por suposto que as persoas que estuden unha lingua teñen que aprender
gramática, vocabulario, etc. mais isto non implica esquecer a cultura e o mundo
que engloba a lingua estudada. Ademais, pódese aprender gramática e vocabulario
á vez que se lle da importancia á cultura dunha lingua. Cada lingua entende o
mundo de maneira diferente, e isto é o que abre a mente co estudante. Coñecer
outras formas de ver o mundo e de entender as relacións humanas é algo moi
interesante que fai madurar e apreciar máis os diferentes lugares. Saber a cultura
doutros países ten unha vital importancia para desfacerse nas aulas de falsos
estereotipos e crenzas que causas odio e rexeitamento a outros países e razas. Isto
é moi importante no instituto sobre todo xa que na adolescencia algúns rapaces
e rapazas créanse ideas erróneas sobre un pais o cultura. O mellor para
combater isto é a información. Todos temos estereotipos
dos distintos países do mundo. Pensamos que todos os habitantes son iguais, fan
as mesmas cousas e teñen os mesmos gustos mais isto non é para nada certo.
Pensemos en España por exemplo. As demais nacións teñen unha imaxe de toros,
festa, sol e flamenco. Sen embargo a realidade é moi diferente xa que hai
moitas rexións. Nós non afianzamos ese estereotipos e polo tanto cos demais
países pasa igual. Así, co estudo da cultura estase a coñecer as diferentes
manifestacións culturais dun país e por conseguinte estase coñecendo mellor.
Normalmente na educación só se lle da importancia ó inglés británico e/ou
americano. Aínda pensamos que estes son os máis importantes e prestixiosos
fronte as demais variantes do resto do mundo. Isto está ligado á cultura. Se só
se estudan esas dous variantes do inglés estanse omitindo as demais que existen
no mundo.
Estase perdendo riqueza e coñecemento con respecto a outros tipos de inglés e a
súa cultura. Todas as variantes de inglés son igual de importantes e tamén
deben de ser tidas en conta. Tamén e certo que non da tempo para estudar todas
as variantes mais creo que se lle pode dedicar un pouco de tempo a tratalas na clase.
Hai que ensinar ós rapaces que a diversidade existe e non é un aspecto negativo
senón algo positivo que mellora a sociedade.
Unha actividade que fixemos na clase e que creo que é totalmente adaptable
a un aula de secundaria e que resultaría moi positiva foi ver un vídeo dunha
escritora feminista. Este tipo de actividades, pola miña experiencia como
alumno, gustan moito. O alumnado presta máis atención xa que é alguén que
seguen, admiran, son fans, etc. Polo tanto, é unha boa ferramenta a hora de traballar
a lingua inglesa. Con este tipo de vídeos pode traballarse a gramática, o
vocabulario ou a pronunciación. Ó mesmo tempo poden introducirse debates na
clase, con todos os seus beneficios, do tema do que tratase o vídeo. Creo que
tamén nas clases deben tratarse temas tan importantes coma o tema do vídeo, o
feminismo, para evitar malas condutas no futuro. Polo tanto, o vídeo daría pé a
facelo. Se o debate pódese facer na lingua que se estuda mellor que mellor xa
que así estaríase poñendo en práctica.
Por último, estudar unha lingua é unha actividade completamente
satisfactoria xa que non só permite á persoa poder falala e comunicarse senón
que tamén facilita ós estudantes o contacto e o coñecemento do mundo que os
rodea.
Ata a próxima entrada!
¡Hola Miguel!
ResponderEliminarMe gustaría felicitarte por tu entrada ya que me ha encantado el toque personal que le has dado hablando de este tema desde tu punto de vista y tu propia experiencia. Además también decir que estoy completamente de acuerdo contigo respecto a que aprender una lengua es mucho más que hablarla, sino que también nos permite conocer otras culturas y, en definitiva, el mundo que nos rodea como tú bien dices.
Un saludo
¡Hola, Miguel! Me ha encantado que hayas mencionado el hecho de que la enseñanza de una lengua debe incluir todo tipo de registros, ya que aunque quizás cada vez menos, en muchas ocasiones experimentamos esas sesiones en las que solo se hace hincapié en los aspectos más formales de la lengua y se deja de lados aquellos que son informales pero de igual importancia. ¡Un saludo!
ResponderEliminarBo día Miguel. Simplemente quería facer unha aclaración con respecto á inclusión da conferencia impartida por Adichie na aula. Na sección onde puxemos o vídeo, o foco estaba posto nos estereotipos, non no feminismo en si, e polo tanto pareceume moi interesante presentar a explicación tan clara da autora na súa conferencia sobre o perigo de contar e/ou coñecer unha única historia. Obviamente, está claro que o feminismo sempre a acompaña, e se queremos debater tamén sobre o tema claro que o podemos facer. De todas formas, gustaríame engadir outro enlace a un vídeo da mesma autora que si se centra completamente no feminismo e que, tanto pola claridade da oradora como pola simpleza dos temas expostos, coido que é moi interesante para presentalo na aula. Supoño que xa o coñecerás pero engado o enlace para facilir que outras alumnas e alumnos teñan tamén acceso: https://www.ted.com/talks/chimamanda_ngozi_adichie_we_should_all_be_feminists?language=es#t-30148. Carla.
ResponderEliminar