sábado, 9 de febrero de 2019

Didáctica - Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras


Ola a todos e todas!

Neste entrada de blog vou tratar os contidos e actividades pertencentes o primeiro tema da materia: ‘Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces’. Comezamos a clase falando dos diagramas de Venn. Este tipo de diagramas teñen varias variantes mais a que utilizamos nós na clase para a primeira tarefa foi a seguinte: debuxar dous círculos sobrelapándose un no outro para así conseguir un espazo no medio. Polo tanto, había tres lugares onde se podía escribir información relativa á tarefa. Esta trataba de escribir dentro dos círculos aqueles aspectos propios da lingua materna, aqueles da lingua estranxeira e finalmente aquelas características que comparten tanto a lingua propia como a lingua que se está a adquirir. Usamos este tipo de actividade como modo de introducir  o primeiro tema, e os diagramas de Venn foron moi útiles para ese propósito. Ó ir escribindo nos tres círculos as características era moito máis fácil pensar na actividade. Ademais, despois compartimos con toda a clase o que escribiu cada un no seu grupo, polo que todos puidemos ampliar o que puxemos grazas ós comentarios dos demais.



Outra actividade que realizamos centrábase en responder dous preguntas sobre o uso das linguas en diferentes situacións. Ó noso grupo tocoulle responder ás seguintes preguntas: ‘Citroen ten trece fábricas en sete países diferentes. Que linguas falarían?’ e ‘Nunha feira de tecnoloxía dixital reúnense comerciais de seis compañías de Francia, Bélxica, Costa de Marfil e España. En que lingua falarían? As nosas preguntas foron que no primeiro caso falaríase francés (xa que é unha empresa francesa) e inglés (como lingua franca) e na segunda situación usaríase francés debido a que a maioría dos países son de fala francesa. O profesor apuntou que tamén poderíase falar en inglés debido a presenza dunha empresa española. Ademais, os demais grupos tamén fixeron o mesmo proceso mais con preguntas diferentes, o que enriqueceu moito a actividade xa que todo o alumnado da clase puido aprender novos datos das situacións grazas ó traballo conxunto do alumnado e o profesor. Amais, debido a un concepto que tratamos na clase, as diferentes didáctivas de aprendizaxe, fixemos unha actividade sobre iso. Existen a didáctica da lingua inicial, da lingua segunda, da lingua estranxeira, blended, de lingua para fins específicos, etc. e dependendo do contexto é máis recomendable usar unha ou outra. E isto precisamente era o que había que facer para a actividade, relacionar un tipo de didáctica coas situacións propostas na tarefa (clase de lingua estranxeiras, colexio plurilingüe, etc.). Esta actividade tamén resultou de gran axuda xa que posteriormente a súa finalización discutimos en conxunto na clase o motivo de por qué un tipo de didáctica vai cunha situación en concreto. Nalgúns casos, nunha mesma situación podíanse levar a cabo varios tipos de didáctica.

Outra actividade que se realizou foi a comparación nun libro de texto as segunites características: produción, recepción, léxico, gramática, fonética e pronuncia. Primeiramente, en grupos de cinco, tivemos que buscar na nosa elección de libro de texto as anteriormente citados aspectos. Unha vez que completamos a información pertinente comentámola co noso grupo. Posteriormente, agrupámonos as persoas que buscamos sobre os mesmos aspectos (léxico no meu caso). Este último paso pareceume moi interesante xa que tivemos a oportunidade de observar como eran diferentes libros de textos e como estes trataban os aspectos da lingua.

No que respecta ó contido deste tema, un dos aspectos que máis me chamaron a atención era que unha vez que se aprende unha lingua estranxeira profundamente xa se controla o seu espazo temporal, e por conseguinte xa non se necesita ter a lingua materna como apoio. O falante xa usa o vocabulario, as expresións, as estruturas gramaticais, etc. necesarias para cada momento sen ter que pensalas primeiro na súa lingua estranxeira. Isto é totalmente certo e cando un está aprendendo unha lingua estranxeira pode sentilo. Aparte do español e galego falo fluidamente o inglés. Cando levaba pouco tempo estudando esta lingua estranxeira, como non tiña o suficiente nivel, tiña a necesidade de estar comparando o que dicía coa miña primeira lingua. Sen embargo, cando xa fun gañando nivel e, sobre todo, cando fun a estudar ó estranxeiro xa non o necesitaba facer debido a que xa usaba as estruturas da lingua inglesa instantaneamente. Outro tema que tratamos era a lingua primeira, a lingua segunda e a lingua estranxeira. A lingua segunda pode dar lugar a confusión xa que en inglés e en galego non é o mesmo. No caso do galego ou castelán, a segunda lingua refírese a aquela á que unha persoa ten acceso directo no lugar onde vive. No caso de Galicia, dependendo da situación, o galego ou o castelán poden ser a primeira ou a segunda lingua. Moita xente ten o galego como segunda lingua xa que esta á usada para cuestións administrativas ou no ámbito escolar mais nos aspectos restantes o castelán é a lingua que impera. Isto lévame a falar de que cada vez o galego ten menos falantes e esta perda de usuarios da lingua podería traer consecuencias moi negativas para o idioma. De feito, hai unha gran cantidade de noticias coas que se pode evidenciar que cada vez é unha lingua menos usada.



Ó mesmo tempo falamos do uso das linguas. Tratamos a lingua habitual, que é a que é usada na maioría dos contextos educativos, a lingua de traballo e a lingua vehicular, que é o idioma que permite a comunicación de dous ou máis falantes de procedencias diferentes. Nesta última situación en moitos casos é o inglés. Por exemplo, cando estiven de Erasmus era ese o idioma que se usaba para a comunicación entre os estudantes de diferentes nacionalidades que non compartían a mesma lingua. No caso da lingua habitual, persoalmente, teño dous: o castelán e o galego, as cales son usadas dependendo da situación e do meu interlocutor. Tamén vimos as distintas etapas dunha lingua estranxeira: etapa ideal, gloriosa, crítica, soleira fatídica e idade adulta. Uns dos aspectos que máis me chamou a atención é que na etapa ideal (de 0 a 12 meses) os bebés son capaces de distinguir unha gran cantidade de sons. Eu pensaba que isto non era así e que empezarían a distinguilos tempo máis tarde. Outro dato interesante foi que na etapa crítica (de 7 a 9) empeza a reorganización cognitiva e polo tanto empeza a formarse o concepto de gramática. Deste xeito, non ten sentido ensinar ós nenos menores a esa idade regras gramaticais. Amais, outra peculiaridade que me gustou moito saber foi a seguinte distinción: linguas glutinantes e linguas analíticas. As primeiras son aqueles idiomas que presentas palabras máis longas, marcas flexionais e otorgan moita importancia á morfoloxía, como no caso do alemán. Na segunda categoría entrarían as linguas que conteñen palabras máis curtas, máis preposicións e determinantes e dan importancia á sintaxe, como sería o caso do inglés. Finalmente, tanto os contidos como as actividades realizadas nesta parte do temario resultaron moi adecuadas para gañar coñecementos de cara a nosa futura labor como docentes.

Moitas grazas!

6 comentarios:

  1. Boas, Miguel!

    Noraboa pola entrada, gustoume que a primeira parte a dedicases ás actividades e a segunda á teoría.
    Os diagramas de Venn parécenme moi boa maneira de tratar os contidos, sobre todo ao realizalos por grupos, xa que cada membro aporta ideas diferentes, aprendemos dos/as companheiros/as e xorden novos debates sobre aspectos relacionados co tema.
    Como xa dixen na minha entrada, a actividade que máis me gustou foi a de comparar os distintos apartados de unidades didácticas que pertencían a diversos libros de texto, xa que serviu para que nos decatásemos de canto poden variar os tipos de exercicios e o xeito de organizar os contidos.

    Un saúdo,

    Antía.

    ResponderEliminar
  2. Ola, Miguel! Noraboa pola exposición que aquí fixeches dos contidos. Teño que dicir que a túa entrada me pareceu orixinal en comparación co resto de entradas que vin acerca do tema posto que a maioría de nós incluimos cada unha das actividades que realizamos na aula en imaxes e, no teu caso, enfocáchela máis a descrición teórica e reflexión crítica dos contidos. Ben feito, a orixinalidade sempre suma puntos! Por outro lado, pareceume de gran proveito que realizases unha reflexión persoal acerca das linguas que ti mesmo posúes xa que mostrar exemplos sobre a teoría que se expón pode axudar a que as persoas que están lendo os contidos e que, dalgún xeito, non acaban de entendelos na súa totalidade, teñan opción de velos aplicados na práctica. En relación coas actividades, dicir que todas foron de proveito e que, ao meu parecer, a reflexión final que se fai de cada unha delas axuda a compartir ideas e mostrar diferentes enfoques que nos axudan a aumentar o coñecemento conxuntamente. Polo resto, nada máis que engadir, sigue así. Saúdos!

    ResponderEliminar
  3. Boas tardes, Miguel!

    Parabén pola túa entrada, xa que describiches detalladamente cada unha das actividades levadas a cabo na aula, incluíndo as correccións que o profesor deu en cada caso e a túa opinión persoal respecto diso.

    Desde o meu punto de vista, a actividade de revisión dos libros de texto, á parte de servirnos para coñecer as diferenzas entre uns libros e outros, serviunos tamén para falar, polo que, como ben dis, foi moi interesante o feito de poder observar en primeira persoa cales eran as similitudes e diferenzas entre cada un.

    Así mesmo, estou de acordo contigo en que cada vez máis o galego está a perder falantes, xa que está relegado ao ámbito escolar e administrativo principalmente. Isto pode carrexar consecuencias moi negativas. Por último, gustaríame destacar da túa entrada todos os exemplos que dás sobre o teu propio experiencia persoal, xa que creo que axuda a entender mellor os conceptos que pretendes explicar.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  4. Hola, Miguel!

    Espero que hayas disfrutado de tu primer día de prácticas! Antes de nada quería felicitarte por una entrada tan completa e informativa. Como ya te ha comentado Antía, considero que los diagramas de Venn han sido una gran actividad para poner en práctica los contenidos teóricos trabajados en la materia. Me ha parecido super interesante comentar en qué idioma hablarían distintos grupos de personas en una situación concreta, ya que a veces resulta bastante complicado al tratarse de grupos muy variados.

    Además de esto, como comentas, también me ha parecido interesante el papel que tiene la primera lengua de cada uno a la hora de aprender una lengua extranjera, y que muchas veces pueda ser positivo incorporarla en el aula.

    Un saludo!

    ResponderEliminar
  5. Hola, Miguel. En primer lugar, me gustaría darte la enhorabuena por tu entrada. Recoges de manera completa lo abordado en el aula y, además, aportas tus propias reflexiones y experiencias personales al respecto. Me ha encantado la parte en la que dices que cuando uno aprende una lengua extranjera puede sentir ese momento en el que ya no necesita el apoyo de su L1. Yo creo que es en ese instante también cuando uno empieza a empaparse de verdad de los aspectos socioculturales de esa lengua y a interiorizarlos. Y es ahí, también, cuando se transforma nuestra manera de ver y de entender el mundo y algo cambia dentro de nosotros. A colación de este punto y de lo que comentabas sobre tus lenguas habituales me ha venido a la cabeza una de las preguntas que tuvimos que responder en mi grupo durante la placemat activity. En mi caso, que soy castellanohablante, aunque de origen gallego y educada en Galicia, me cuesta mucho mantener una conversación en ese idioma. Es decir, si alguien se dirige a mí en gallego, intento hablar con esa persona en dicha lengua, pero, irremediablemente, al cabo de un rato voy yéndome progresivamente hacia el español. De hecho, en muchos instantes, siento que mis habilidades en inglés son superiores a las de gallego con diferencia, excepto en lo que respecta a aquellos aspectos de naturaleza sociocultural.

    Por otro lado, y en lo referente a la variable de la edad como característica del alumnado, también me llamó mucho la atención lo que comentas sobre la capacidad de identificación de las entonaciones entre los bebés de 0 a 12 meses. Me resulta curioso que, a tan corta edad, ya vayamos interiorizando entonaciones que relacionamos con un contenido, sentimiento o significado concreto: órdenes, consejos, enfado, etc. Supongo que esto podría explicar por qué los bebés reaccionan de maneras diferentes a diversos tonos de voz o gestos y los asocian a distintos significados. Asimismo, me ha sorprendido también el hecho de que hasta los 7-9 años (etapa crítica) los niños no cuenten con las destrezas o habilidades necesarias como para abordar las cuestiones gramaticales. Así, carece de todo sentido, como tú bien decías, intentar impartir dichos contenidos a niños menores de esta franja etaria. Lo cierto es que nunca había reflexionado sobre este aspecto, pero sí que es verdad que los manuales para esta etapa educativa suelen presentar las actividades o reglas gramaticales de un modo diferente, menos explicativo y menos directo. Esto demuestra una vez más la importancia de tener en cuenta las características del alumnado a la hora de diseñar nuestras clases.

    ResponderEliminar
  6. Ola Miguel!

    Unha entrada interesante e sorprendeume que comezaras polas actividades e non pola teoría. Estou dacordo co que dis respecto do interesante das actividades, xa que foron variadas e danche posibilidad de entender con maior claridade o que pensan os demais membros dos grupos.

    No tocante á teoría creo que fas unha moi boa reflexión sobre a tua experiencia persoal (que creo que nos pasou a todos) no proceso de aprendizaxe do inglés e ademais resaltas o problema que afronta o galego coma lingua nas últimas décadas e que teríamos que buscarlle unha solución.

    Un saúdo.

    Manuel Bea Pintos.

    ResponderEliminar