martes, 12 de febrero de 2019

Didáctica - Competencias clave, vocabulario e gramática


Ola a todos e todas!

Nesta nova entrada vou tratar os contidos relativos o tema das competencias clave, o vocabulario e a gramática.

Primeiramente creo que é conveniente definir o que son as competencias. Estas son, según a LOMCE, “as capacidades de aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución de problemas complexos”. As competencias son 7: Comunicación Lingüística (CCL), Matemática e competencias básicas en Ciencia e Tecnoloxía (CMCCT), Dixital (CD), Aprender a Aprender (CAA), Competencias Sociais e Cívicas (CSC), Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor (CSIEE) e Conciencia de Expresións Culturais (CCEC). Así, cada curso ten unhas competencias que se teñen que traballar obrigatoriamente. En primeiro da ESO trabállanse catro:  a competencia Lingüística, Dixital, Aprender a Aprender e Conciencia de Expresións Culturais. No resto da educación secundaria e en Bacharelato son as mesmas anteriormente citadas máis a competencia Social e Cívica. Así mesmo as competencias non mencionadas e que tamén se traballan son a competencia Matemática e competencias básicas en Ciencia e Tecnoloxía e a competencia de Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor. Cando o docente realiza unha tarefa trabállanse máis dunha competencia á vez e, como profesores de lingua, a competencia lingüística xa é intrínseca. Ademais, ó relativo á miña experiencia había algunhas competencias que se traballaban máis que  outras. Por exemplo, unha das que se vían prexudicadas era a competencia de Conciencia de Expresións Culturais. Aínda que era traballada, dábase máis importancia as outras. Persoalmente que  non se dede deixar de lado ningunha competencia xa que todas son importantes.



Tamén tratamos na clase os temas de gramática e vocabulario. Hai xente que esquece completamente a gramática xa que non lle concede case importancia. Este de acordo es que non é o máis importante nunha lingua máis hai que tela en conta para falar xa que as linguas réxense por unha serie de regras. Polo tanto, creo que é necesario aprender gramática para saber como crear as frases mais creo que o principal sempre é a comunicación e a fluidez aínda que se cometan erros. Sobre todo nos niveis máis baixos non é necesario saber todas as regras gramaticais mais a medida que se ascende de nivel hai que falar con máis corrección. Con respecto a este tema hai dous métodos: o deductivo e o inductivo. O primeiro di que a gramática é o máis importante e ten que ser estudada mediante a repetición. Un aspecto negativo deste método e que se mata completamente a motivación polo estudo da lingua. O método inductivo dá mais importancia á comunicación. Ninguén dá as normas da lingua senón que hai que deducilas. O problema deste método é que os nenos moitas veces non son capaces de deducilas. Persoalmente a clave non está nin nun método nin no outro, senón no medio: o enfoque comunicativo. Neste enfoque explícase a gramática necesaria adecuándose a cada nivel. Pódense facer correccións mais sen interromper a fluidez: Así, para evitar as interrupcións deberase corrixir ó alumno/a cando acabe a súa intervención.  

O mesmo tempo, a hora de ensinar gramática hai que seguir unha serie de pasos e ter en mente que o alumnado non sabe os conceptos todavía. Moitos profesores de inglés que tiven na miña vida académica explicaban a gramática ás presas porque pensaban que eran conceptos que eran fáciles de asimilar. Pero moitas veces non era así e nós estábamos perdidos. Polo tanto, hai que usar unhas explicacións claras e asegurarse de que o alumnado está seguindo a clase. Unha axuda que para min era moi útil a hora de entender a gramática era encontrar as diferenzas entre a miña lingua materna e a lingua inglesa. Deste xeito, comprendíaa moito mellor.

Tamén é recomendable seguir unha serie de pasos para o estudo da gramática. O primeiro de todos sería poñer un vío ou unha canción ode aparezan aqueles aspectos da gramática que se queren tratar posteriormente. Despois pode comezar o proceso inductivo con preguntas e o docente sempre guiando este proceso. O seguinte paso podería ser que o alumnado explicase a gramática. Este paso é de gran axuda para ver se se comprendeu xa que cando un ten que explicar algo pon a proba o seu coñecemento sobre ese tema. Así, se aínda quedaron dúbidas sería o momento de aclaralas definitivamente. Para afianzar os conceptos aprendidos, os exercicios poden resultar de moita axuda. Sen embargo, é mellor idea empezar por exercicios guiados, despois pasar ós semiguiados e finalmente ós exercicios nos que o/a docente non axude ó alumnado.

Igual que coa gramática, para introducir ó vocabulario hai que seguir unha serie de pasos. O primeiro paso sería o de calentamento para ver desde que punto parte o alumndo. Este paso é moi importante xa que saber o nivel do alumnado é imprescindible para o planeamento das clases. Non ten sentido dar conceptos que o alumnado non entenda nin materia que xa se saiba xa que, en ambos casos, non habería progresión. Unha vez que se sabe o nivel, expoñeríase o vocabulario a través dun texto, por exemplo e aclaramos calquera palabra que non se entenda. Finalmente, como no caso da gramática, faríanse os exercicios de máis guiado ó menos guiado. Para que resulte máis fácil o aprendizaxe creo que é moi importante que o/a docente dea consellos como facilitar estratexias de aprendizaxe, explicar o uso de dicionarios. A min o que me axudaba moito era que o profesorado explicase a súa experiencia como estudantes da lingua estranxeira e que contaran as súas técnicas para estudar.  

Con respecto ás actividades, para unha delas tivemos que pensar como realizar actividades para a clase de LE para traballar a competencia específica que nos tocou traballar, a cal foi a competencia Matemática. O contrario do que pensaba antes de afondar máis no tema das competencias,  a competencia matemática trata unha gran cantidade de temas e non só os números: empregar estruturas lóxicas, prezos, uso de números, enquisas, problemas medio-ambientais, o tempo, as horas, etc. Polo tanto, hai unha gran variedade de temas cos cales pódense facer actividades para a clase de linguas estranxeiras. No meu grupo (Realicei a actividade con Sara Otero e Manuel Bea) creamos actividades nas que se mesturaban varios temas que abrangue a competencia matemática. A primeira actividade consistía en mesturar o corpo humano e as medidas. Cada alumno tiña que medirse as partes do corpo (brazo, antebrazo, perna, cintura...) e posteriormente dicir, por exemplo, este é o meu brazo e mide x cm. Así, estarían practicando as partes do corpo e as medidas. Outra actividade que pesamos foi a de traballar con receitas xa que na cociña necesitas saber as cantidades para preparar os pratos. A seguinte actividade que creamos mesturábanse a química, as cantidades e a comida. O alumnado tiña que describir o que comeu, bebeu, almorzou, etc. Un exemplo sería: Hoxe bebín 100 ml. de leite que me aportaron calcio. Finalmente, pensamos que era boa idea incluír unha actividade de comprensión lectora e, neste caso, sobre a chegada a lúa ou acerca do sistema solar debido a que son temas que entran dentro da competencia matemática. Esta actividade resultoume moi positiva xa que puidemos poñernos na pel dun profesor de verdade e pensar nas actividades que realizaríamos para esa competencia en concreto. Ademais, unha cousa moi útil e que despois de que cada grupo dixera as actividades para a competencia que lle tocou o resto da clase puidemos ampliar con máis, polo que a actividade foi moito máis completa.

Para o tema do vocabulario e gramática a actividade que tivemos que facer resultou tamén moi completa xa que puidemos poñer en práctica a nosa habilidade para presentar os exercicios de gramática e vocabulario os nosos posibles alumnos/as. Tivemos que crear exercicios para tratar tanto o vocabulario como a gramática. Esta actividade tamén foi feita con Sara Otero e Manuel  Bea. O curso que escollemos foi primeiro da ESO e o tema as partes do corpo. Para introducir as actividades empezamos cunha actividade de motivación: introducir o vocabulario coa canción ‘Head, shoulders, knees and Toes’. Despois seguimos o seguinte esquema: Actividade guiada, semiguiada e libre. A primeira consistía en introducir as partes do corpo con flashcards. O profesor escribe as partes do corpo máis importantes e a repite en alto. Posteriormente, o alumnado ten que sinalar onde está. A actividade semiguiada levarase a cabo por medio dun xogo. Usando os post-its da anterior actividade, estes serán metidos nun recipiente e o docente ten que sacar un ó azar. Por parellas, os nenos e nenas terán que sinalar no seu compañeiro  ou compañeira esa parte do corpo. A actividade libre consiste en facer unha redacción de cinco frases describindo o seu corpo co vocabulario visto na clase. Para a parte de gramática seguimos a mesma estrutura: actividade de motivación, actividade guiada, semiguiada y libre para tratar o seguinte tema: presente e pasado continuo. Para a primeira pensamos en proxectar un vídeo onde aparezan as estruturas anteriormente mencionadas. Na actividade guiada tamén proxectaranse vídeos de xente facendo diferentes acción e téñense que dicir o que fan. Para a actividade semiguiada farán falta dous recipientes, un con verbos para poñer en presente continuo e outro con verbos para o pasado continuo. O/A docente saco un verbo e haberá que facer unha frase cos dous verbos. Para a actividade libre terán que facer un pequeno diario coas horas e terán que apuntar o que fan. Por exemplo: ‘14:00: I am having lunch’.

Finalmente, os temas vistos nesta entrada resultáronme moi interesantes xa que aprendín máis sobre as competencias e como tratalas na clase, como introducir o vocabulario na aula e como explicar a gramática o alumnado para que sexa comprendida.

Moitas grazas!

7 comentarios:

  1. Ola, Miguel! Os meus parabéns pola túa entrada. A verdade é que ter que incluir as actividades que realizamos dentro da aula nas entradas do blog paréceme unha gran idea posto que nos permite ler en profundidade, ao resto de compañeiros/as, os diferentes tipos de exercicios que se fixeron na aula. No teu caso, dicir que me pareceu moi inxeniosa a forma na que incluístedes a competencia matemática para a primera actividade que tivemos que levar a cabo. Facelo a través de coñecer as medidas das diferentes partes do corpo ou as cantidades que son necesarias engadir para realizar unha receita permítevos non só introducir esa competencia senón tamén traballar todo o vocabulario que máis vos interese. Gran idea! No caso da segunda, comezar coa canción de "head, shoulders, knees and toes" paréceme un acerto posto que toda persoa que cursara a materia de inglés nalgún momento da súa vida ten que coñecer esa canción. Ademais, aprender a través da música propicia a motivación e fai que as clases sexan máis dinámicas. Polo tanto, considero que abordaches a idea do xeito adecuado e que todas estas actividades se podería poñer en práctica dentro dunha aula de lingua estranxeira. Saúdos!

    ResponderEliminar
  2. Boas, Aira!

    Parabéns pola entrada! Agradécese que comentes experiencias persoas que serven de 'soporte' para as ideas que defendes. Eu tamén tiven algún profesor dunha lingua estranxeira que non se detiña moito na explicación da gramática ou que o facía sen tratar puntos importantes. É certo que non é o máis importante, pero si que é necesaria para a produción de mensaxes correctas que eviten malas impresións ou afecten ó significado que se quere transmitir, polo tanto, o método para ensinar creo que debe ser axeitado e o máis entretido posible para non caer en prácticas propias do sistema educativo tradicional. A elaboración de actividades adaptadas ás diferentes características e intereses de cada grupo tamén é un punto a ter en conta para evitar o aburrimento e a falta de motivación.

    Un saúdo,

    Antía.

    ResponderEliminar
  3. Ola Miguel!

    Interesante entrada, coma de costume. Penso coma ti en canto a que non se deben deixar de lado ningunha das competencias, ainda que dependendo da asignatura penso que pode ser dificil levar a cabo actividades que traballen esas competencias.

    Encanto as actividades non teño moito que dicir, fixémolas no mesmo grupo e foi moi interesante compartir opinións e puntos de vista sobre como desenvolvelas na aula.

    Un saúdo.

    Manuel Bea Pintos.

    ResponderEliminar
  4. Ola Miguel,

    Grazas pola túa entrada.

    Engado os meus comentarios a continuación:

    No relativo a como contribuímos dende a clase da LE as competencias deberías escribir sobre todas as competencias e non só sobre a que vos tocou traballar na aula. Lembra que non é a competencia matemática. É a competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Esta competencia abrangue moito máis que as matemáticas.

    As actividades que deseñástedes son moi interesantes.

    No relativo ás actividades gramaticais ou de vocabulario que fariades nunha unidade didáctica, lembra que a canción que propós é unha canción que se emprega en primaria, e que polo tanto xa a coñecerán, ademais de ser dun nivel anterior. A actividade que comentas dos flashcards, non sería a actividade unha senón o warm-up, que consistiría na introdución do vocabulario que imos empregar na unidade, ademais de axudarnos a avaliar o coñecemento previo do alumnado. Cando explicas a actividade semiguiada, e dis que empregas os post-its anteriores, entendo que as palabras que escribiu o docente era en post-its. Esta actividade é guiada. Ao mellor en vez de tocar aos compañeiros o poden facer sobre eles mesmos. Ten en conta que a algún alumnado non lles gusta o contacto físico. Pensa que podes ter alumnado estranxeiro, alumnado con TEA, etc. É unha mágoa que non vinculases o vocabulario coa gramática.

    No caso da gramática, só tres actividades para traballar dous tempos verbais, paréceme ben pouco. No caso dos recipientes (paréceme unha idea moi boa!), se sacan dous verbos, un de cada recipiente e teñen que facer dúas frases cos dous tempos verbais? Probablemente saian frases inconexas, non? No relativo a actividade libre, só practicarían o presente continuo, segundo o exemplo que das, cando se deberían practicar ambos tempos verbais.

    Fíxate que non mencionaches que competencias traballas con cada unha das tarefas. Ademais non hai unha temporalización. Participa o/a auxiliar de conversa? Haberá tarefas adaptadas para o alumando con necesidades educativas?

    Grazas polo teu traballo e esforzo Miguel!
    Un saúdo,
    Úrsula.

    ResponderEliminar