Ola a todos e todas!
Nesta entrada de blog vou tratar os contidos e actividades pertencentes ó
tema titulado ‘Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o
seu tratamento na aula. Procedementos para as catro habilidade na aprendizaxe
de linguas estranxeiras (falar, escoitar, ler, escribir). Un aspecto que me
parece moi interesante é o uso doutras linguas na clase de inglés. Respecto a
este tema existen opinións diversas. Hai docentes que pensan que nunha clase de
calquera lingua estranxeira só se pode falar nesa lingua que se está
aprendendo. Pola contra, hai outros que opinan que ás veces é necesario facer
uso da lingua materna para facilitar a comprensión do alumnado. Eu comparto a
última opinión. Creo que é positivo poder usar a lingua estranxeira máis a
lingua materna do alumnado. É preciso usar a lingua estranxeira para que os
estudantes acostumen o oído a ela mais nos casos que se requira non hai nada de
negativo en usar a lingua materna para explicar aqueles aspectos que sexan máis
difíciles de entender na lingua estranxeira.
Tamén tratamos o tema de ‘mediación’. Este aspecto é algo completamente
novo para min xa que nunca faláranme del. Cando escoitei por primeira vez este
termo o primeiro que me preguntei foi: De qué trata a mediación? Pois ben,
segundo o MCER, o mediación consiste en reformular un texto para facilitar a súa
comprensión a outras persoas. Amais, a mediación existe no currículo da EOI e en
bacharelato e tamén está bastante presente en Europa. Despois de coñecer cómo
funciona este novo termo creo que é moi positivo incorporalo ás clases de todos
os niveis xa que a mediación permite levar a cabo un enfoque participativo e
activo, dous características que melloran moito o proceso de aprendizaxe. Outra
das primeiras preguntas que me xurdiron foi a seguinte: cómo se pode incorporar
ás aulas? Pois ben, pódese facer mediante a integración de destrezas, doutras
linguas, cambiar de rexistros, traballos en grupo, mediante o uso de realia,
auxiliares lingüísticos, o alumnado como centro do aprendizaxe, facer unha
reflexión na L1 e que o expoña á clase na lingua estranxeira, etc. Como vemos,
hai unha gran cantidade de maneiras. Outro aspecto que tratamos na clase e que
creo que é moi importante é a co-construción do significado. Calquera
interacción de fala con outras persoas conleva a modificar o noso discurso. A
nosa audiencia fai que escollamos un tipo de discurso ou outro e, á súa vez,
este tamén vese afectado por cómo a nosa audiencia o entende. Non é o mesmo
falar cunha persoa que ten un nivel alto dunha lingua que falar cun
principiante. Así, cando estase a efectuar unha explicación, cando esta non é
entendida temos que facer algunha modificación para que a nosa audiencia a
comprenda. Como profesores e profesoras temos que ter isto sempre en mente.
Hai tres xeitos de mediar, os cales poden ser incorporados na clase para
axudar ó alumnado a comprender, o que é moi útil para o alumnado e profesor
cando alguén mostra algunha dificultade. Mediación verbal: Por exemplo,
transmitir a información dun texto creando un texto novo mediante un resumo, seleccionando detalles ou ideas principais.
Mediación visión e multimodal: transmitir a información dun texto visual (táboa,
gráfico, imaxe...) dunha forma parcial ou completa. Mediación cultural:
Intracultura vs. Intercutural. Intra: mesma cultura e transmitir as diferenzas
dentro da mesma cultura. Por exemplo, as distintas tradicións que hai en
Galicia. Inter: transmitir a cultura e explicala a unha persoa estranxeira. Por
exemplo, explicar as tradicións galegas a un noruego. Ó mesmo tempo hai varios
tipos de comprensión oral e escrita. Un deles é a lectura/escoita extensiva.
Non teñen que realizarse en clase. Canto máis escoite e lea mellor. Deben de
ser cousas que lle interesen ó alumnado, que lle motiven. Así o alumno non o
tomará como unha obrigación e será máis beneficioso. Algúns exemplos son os
audio libros ou as series dobradas. No meu caso gustábame ver moito series
dobradas xa que aportan unha gran cantidade de vocabulario. Outro tipo é a
lectura/ escoita intensiva. Neste caso si que ten lugar na aula. As actividades
que se empregarían poden ser libros ou poden ser creadas polo profesor. Este
último tipo de actividades resultan máis positivos xa que son máis relevantes
para o alumnado debido a que fan cousas que lles interesan máis, temas de
actualidade á vez que se practica o inglés.
Outro aspecto que como docentes temos que ter en conta é as diferentes
fases para que unha actividade de comprensión sexa satisfactoria para o
alumnado. De non seguir estes pasos ós alumnos custaríalles máis a actividade e
non se acadarían os mesmos beneficios. A primeira fase é a presentación, onde
analízase todo para activar esquemas mentais para facilitar a comprensión como
por exemplo mencionar que é unha entrevista. Logo tería lugar unha primeira
lectura/escoita onde se centrarían en buscar información e ideas principais.
Logo unha segunda lectura/escoita onde se traballan aspectos máis específicos.
Finalmente unha posta en común. Isto é moi útil para o alumnado e eu
persoalmente sempre que facíamos unha aprendía e comprendía a actividade moito
mellor xa que as ideas duns compañeiros completaban outras. Con respecto as
actividades de produción e interacción oral, a clave para a súa mellora é a
práctica, e é por isto que ó máis importante e gardar sempre tempo na clase. Así
mesmo, durante todo este proceso o profesor ten que estar presente para axudar,
organizar e dar feedback. Eu sempre agradecín o feedback xa que o tiña en conta
para as próximas actividades a realizar.
Con respecto as actividades, gustaríame dicir que me pareceron moi útiles á
hora de entender os contidos tratados nesta materia. Sen embargo, non podo
incluír o total das actividades realizadas por motivos de espazo, e é por esta
razón que so vou incluír unhas cantas delas. Unha das actividades realizadas
tivo que ver coa mediación. Proxectáronse dous imaxes na pizarra e nós tivemos
que contestar a unhas preguntas. Algunhas de elas eran: Qué tipo de mediación
é?, Cal é o obxectivo da tarefa?, Cal é o propósito comunicativo? Esta
actividade serviume de gran utilidade xa que axudoume a entender o que
significaba a mediación, concepto descoñecido previamente. Outra actividade que
fixemos foi a creación dunha tarefa de mediación. Esta tarefa resultoume moi
útil xa que na nosa labor como docentes teremos a oportunidade de facer algo
similar e, como tiñamos que crear unha situación verosímil, esta actividade
serviu como práctica e para mellorar o noso coñecemento sobre este tipo de
tarefas cunha proximidade total ó que faríamos na realidade. Tivemos que
programar a actividade desde o inicio: a temporalización, o nivel, os
obxectivos, a avaliación e a actividade en sí. O noso grupo deseñou a seguinte
actividade: aproveitando que había un intercambio con UK, dividiuse a clase en
grupos para que compartiran aspectos culturais relativos ós xogos. O alumnado
de UK compartirían información en español con alumnado galego e o alumnado de
Galicia falaría inglés para compartir os xogos galegos. Así, todos practicarían
a lingua que se está a estudar. Ó mesmo tempo, esta actividade compúxose dunha
segunda actividade: facer unha rúbrica. Fomos os membros do grupo os que
tivemos que redactar todos os puntos da mesma, polo que puidemos experimentar
de primeira mano cómo se fai. Isto vai ser de utilidade para o noso futuro xa
que, persoalmente, teño pensado usar as rúbricas na miña labor docente. Para
outra actividade a profesora mandou un link con diferentes actividades de
interacción e produción oral. A actividade consistía en elixir unha das tarefas
que aparecían nas páxinas dos links. Había catro diferentes links polo que
tivémonos que agrupar en grupos de catro, tendo un link diferente cada membro
do equipo. Posteriormente, por turnos, cada persoa explicou a actividade que
elexiu. Así, esta tarefa resultoume moi
interesante porque non só aprendemos unha gran cantidade de actividades de
interacción e produción oral dos nosos links senón que tamén puidemos coñecer
aínda máis actividades grazas ós nosos compañeiros. Finalmente, grazas a este
tema puiden ampliar ós nosos coñecementos acerca das rúbricas, actividades de
interacción, expresión, e mediación oral e escrita que, sen ningunha dúbida,
van ser de gran utilidade no noso futuro laboral.
Moitas grazas!
¡Hola Miguel! Primeramente me gustaría felicitarte tanto por tu entrada como por tu blog en general, ya que redactas de una manera muy clara y concisa, lo que nos permite a tus lectores/as fluir con el texto. Por otro lado me gustaría darte la razón en algunos de los puntos que comentas en esta entrada como el hecho de usar la lengua materna en las clases de lengua extranjera. Yo también soy de las que opina que aunque en una clase de lengua extranjera lo ideal es usar dicha lengua, no veo problema en que se use la lengua inicial a modo de apoyo para aclarar dudas que puedan surgir en el aula, sobre todo si se trata de nivel bajos que quizás precisen de una mayor ayuda. Otra de las afirmaciones con las que coincido contigo es en lo referente al feedback. Desde mi punto de vista, es algo que yo siempre he agradecido mucho, tal y como tu dices, porque considero que es una manera de aprender de nuestros errores y que nos va a ayudar a mejorar y a no volver a cometerlos en un futuro. Por eso apoyo la idea de, por ejemplo, hacer una recopilación de fallos y comentarlos en el aula (sin dar nombres, por supuesto) y permitir que sean ellos mismos los que identifiquen los errores. De este modo podrán ver no solo los suyos, sino otros que quizás en otra ocasión habrían cometido y evitarlos así. Y por último, mencionas que la motivación del alumnado es uno de los pilares para poder realizar actividades provechosas y exitosas y no podría estar más de acuerdo contigo. El hecho de buscar temas que interesen a nuestro alumnado nos ayudará a que estén más activos en el aula y que no lo tomen como una obligación o un aburrimiento, sino que disfruten de aprender. Enhorabuena de nuevo. Un saludo.
ResponderEliminarOla Miguel!
ResponderEliminarA túa entrada pareceume moi interesante. Como comentas sobre o feedback, eu tamén agradecín sempre que o profesorado mo proporcionase para poder mellorar, polo que creo que é moi importante transmitirlle ao alumnado información sobre os seus puntos débiles, para que poidan traballar nestes. Non obstante, tamén penso que hai que resaltar os seus puntos fortes, e non comentar unicamente o negativo, tamén é importante recoñecer o que fan ben, e non podemos esquecernos disto. Por outra parte, gustoume moito a actividade que planeaches xunto co teu grupo en relación co intercambio con UK, xa que penso que é moi divertida e ademais próxima aos intereses dos alumnados, o cal fomentará a súa motivación e participación.
Moi boa entrada! Espero que pases unha boa fin de semana!
Iria.
Ola, Miguel! En primeiro lugar gustaríame felicitarte pola túa entrada, está moi detallada e ben estruturada, algo que facilita a lectura. Pareceume moi interesante que engadiras, a modo de introdución, o gran debate que existe acerca de utilizar ou non utilizar a lingua materna dentro da aula de lingua estranxeira. Estou de acordo contigo en que empregar outra lingua dentro da aula non ten que perxudicar a aprendizaxe que se intenta transmitir, non obstante, coma todo, dependerá do tipo de alumnado, os motivos para os que se empregue esa L1, etc. Por outro lado, no tocante ao tema do feedback concordo en que sempre se agradece coñecer a opinión do profesorado para mellorar naqueles aspectos nos que se segue errando e coñecer aqueles outros que xa se conseguiron empregar con corrección. En relación con isto coincido coa nosa compañeira Iria, que comentou máis arriba, en que é necesario que o alumnado coñeza non só os erros que comete senón tamén todos os acertos. A motivación, ao meu parecer, é a base da ensinanza. Para finalizar, comentar que todas as actividades que levamos a cabo me pareceron que axudaban a asentar os coñecementos que iamos adquirindo e, entrando máis en detalle nas que ti mesmo mostraches nesta publicación, dicir que foron moi interesantes e dinámicas, algo que axudou a ter un contacto cercano con todo o aprendido. Espero que sigamos así! Saúdos
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
EliminarBoas, Aira!
ResponderEliminarConsidero que a túa entrada é moi completa, xa que describiches tódalas actividades que realizamos.
O debate do que falas ao comezo é de grande interese. Xa falamos un pouco do tema na aula, xa que nos tocou no mesmo grupo, por iso sei que compartimos practicamente a mesma opinión en canto ao tema. Empregar a lingua materna do alumnado non ten que considerarse un aspecto negativo, xa que hai certas comparacións entre a lingua meta e a primeira lingua que poden axudar no proceso de adquisición de estruturas ou termos propios da lingua estranxeira. Tamén hai que ter en conta que a exposición á lingua meta é moi importante e, na miña opinión, as sesións deberían estar impartidas nela.
Ao igual que as compañeiras que xa comentaron, o feedback resulta moi útil para nós, permítenos mellorar, decatarnos dos erros e reflexionar sobre aspectos que, se cadra doutro xeito, non terían chamado a nosa atención. Tamén pode axudar a mellorar a nosa motivación, sempre se agradece unha corrección máis personalizada.
Por último, considero que tódalas actividades que realizamos me pareceron moi axeitadas para tratar os contidos que demos e supuxeron unha grande axuda para comprendelos mellor.
Un saúdo,
Antia.
Hola Miguel,
ResponderEliminarNoraboa pola túa entrada, explicas os conceptos de xeito moi claro e conciso e aportar visións moi interesantes sobre o tema. Ademais recolles moi ben todas as actividades que realizamos na aula. Por todo isto gustaríame fecilitarte.
No referente ao emprego doutras linguas na aula, estou completamente de acordo contigo. Creo que a lingua materna non ten que ser desertada das aulas, senón que debe ser empregada nos momentos que esta sirva de apoio. Porén, son partidaria do uso maioritario da lingua meta na aula, a pesar de que a aprendizaxe se vea apoiada na lingua natal nos casos que sexa útil. Ademáis, creo que non só a lingua materna podería ser de axuda, tal e como lle comentei a outra compañeira, creo que a realización dun perfil lingüístico coma o que fixemos na clase podería axudarnos a introducir outros elementos lingüísticos doutros idiomas, que ao igual que no caso da lingua materna,poderían contribuir nesta facilitación do proceso de aprendizaxe.
Coincido contigo e con outras compañeiras no tema do feedback, algo útil en calquer dirección que se de, xa sexa dende alumnado a profesorado como de profesorado a alumnado. Porén gustariame remarcar que este feedback debería ser constructivo, é dicir debemos resaltar tanto o positivo como o negativo, pero sempre buscando a mellora.
Un saúdo.
Ola Miguel!
ResponderEliminarUnha entrada moi interesante. Coincidín contigo en reflectar información sobre o tema da mediación xa que, igual ca ti, parecíame unha parte do currículo se cadra mais abstracta. A pesar diso, e como ti indicas ben, trátase dunha serie de conceptos moi interesantes e importantes de cara ó uso da lingua estranxeira neste caso na aula.
Concordo tamén contigo no último que dis sobre as actividades. Dende logo serviron para ampliar o noso coñecemento sobre a mediación e sobra como desenvolver actividades relativas á mediación no ámbito da aula.
Un saúdo.
Manuel.