martes, 12 de febrero de 2019

Didáctica - Competencias clave, vocabulario e gramática


Ola a todos e todas!

Nesta nova entrada vou tratar os contidos relativos o tema das competencias clave, o vocabulario e a gramática.

Primeiramente creo que é conveniente definir o que son as competencias. Estas son, según a LOMCE, “as capacidades de aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución de problemas complexos”. As competencias son 7: Comunicación Lingüística (CCL), Matemática e competencias básicas en Ciencia e Tecnoloxía (CMCCT), Dixital (CD), Aprender a Aprender (CAA), Competencias Sociais e Cívicas (CSC), Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor (CSIEE) e Conciencia de Expresións Culturais (CCEC). Así, cada curso ten unhas competencias que se teñen que traballar obrigatoriamente. En primeiro da ESO trabállanse catro:  a competencia Lingüística, Dixital, Aprender a Aprender e Conciencia de Expresións Culturais. No resto da educación secundaria e en Bacharelato son as mesmas anteriormente citadas máis a competencia Social e Cívica. Así mesmo as competencias non mencionadas e que tamén se traballan son a competencia Matemática e competencias básicas en Ciencia e Tecnoloxía e a competencia de Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor. Cando o docente realiza unha tarefa trabállanse máis dunha competencia á vez e, como profesores de lingua, a competencia lingüística xa é intrínseca. Ademais, ó relativo á miña experiencia había algunhas competencias que se traballaban máis que  outras. Por exemplo, unha das que se vían prexudicadas era a competencia de Conciencia de Expresións Culturais. Aínda que era traballada, dábase máis importancia as outras. Persoalmente que  non se dede deixar de lado ningunha competencia xa que todas son importantes.



Tamén tratamos na clase os temas de gramática e vocabulario. Hai xente que esquece completamente a gramática xa que non lle concede case importancia. Este de acordo es que non é o máis importante nunha lingua máis hai que tela en conta para falar xa que as linguas réxense por unha serie de regras. Polo tanto, creo que é necesario aprender gramática para saber como crear as frases mais creo que o principal sempre é a comunicación e a fluidez aínda que se cometan erros. Sobre todo nos niveis máis baixos non é necesario saber todas as regras gramaticais mais a medida que se ascende de nivel hai que falar con máis corrección. Con respecto a este tema hai dous métodos: o deductivo e o inductivo. O primeiro di que a gramática é o máis importante e ten que ser estudada mediante a repetición. Un aspecto negativo deste método e que se mata completamente a motivación polo estudo da lingua. O método inductivo dá mais importancia á comunicación. Ninguén dá as normas da lingua senón que hai que deducilas. O problema deste método é que os nenos moitas veces non son capaces de deducilas. Persoalmente a clave non está nin nun método nin no outro, senón no medio: o enfoque comunicativo. Neste enfoque explícase a gramática necesaria adecuándose a cada nivel. Pódense facer correccións mais sen interromper a fluidez: Así, para evitar as interrupcións deberase corrixir ó alumno/a cando acabe a súa intervención.  

O mesmo tempo, a hora de ensinar gramática hai que seguir unha serie de pasos e ter en mente que o alumnado non sabe os conceptos todavía. Moitos profesores de inglés que tiven na miña vida académica explicaban a gramática ás presas porque pensaban que eran conceptos que eran fáciles de asimilar. Pero moitas veces non era así e nós estábamos perdidos. Polo tanto, hai que usar unhas explicacións claras e asegurarse de que o alumnado está seguindo a clase. Unha axuda que para min era moi útil a hora de entender a gramática era encontrar as diferenzas entre a miña lingua materna e a lingua inglesa. Deste xeito, comprendíaa moito mellor.

Tamén é recomendable seguir unha serie de pasos para o estudo da gramática. O primeiro de todos sería poñer un vío ou unha canción ode aparezan aqueles aspectos da gramática que se queren tratar posteriormente. Despois pode comezar o proceso inductivo con preguntas e o docente sempre guiando este proceso. O seguinte paso podería ser que o alumnado explicase a gramática. Este paso é de gran axuda para ver se se comprendeu xa que cando un ten que explicar algo pon a proba o seu coñecemento sobre ese tema. Así, se aínda quedaron dúbidas sería o momento de aclaralas definitivamente. Para afianzar os conceptos aprendidos, os exercicios poden resultar de moita axuda. Sen embargo, é mellor idea empezar por exercicios guiados, despois pasar ós semiguiados e finalmente ós exercicios nos que o/a docente non axude ó alumnado.

Igual que coa gramática, para introducir ó vocabulario hai que seguir unha serie de pasos. O primeiro paso sería o de calentamento para ver desde que punto parte o alumndo. Este paso é moi importante xa que saber o nivel do alumnado é imprescindible para o planeamento das clases. Non ten sentido dar conceptos que o alumnado non entenda nin materia que xa se saiba xa que, en ambos casos, non habería progresión. Unha vez que se sabe o nivel, expoñeríase o vocabulario a través dun texto, por exemplo e aclaramos calquera palabra que non se entenda. Finalmente, como no caso da gramática, faríanse os exercicios de máis guiado ó menos guiado. Para que resulte máis fácil o aprendizaxe creo que é moi importante que o/a docente dea consellos como facilitar estratexias de aprendizaxe, explicar o uso de dicionarios. A min o que me axudaba moito era que o profesorado explicase a súa experiencia como estudantes da lingua estranxeira e que contaran as súas técnicas para estudar.  

Con respecto ás actividades, para unha delas tivemos que pensar como realizar actividades para a clase de LE para traballar a competencia específica que nos tocou traballar, a cal foi a competencia Matemática. O contrario do que pensaba antes de afondar máis no tema das competencias,  a competencia matemática trata unha gran cantidade de temas e non só os números: empregar estruturas lóxicas, prezos, uso de números, enquisas, problemas medio-ambientais, o tempo, as horas, etc. Polo tanto, hai unha gran variedade de temas cos cales pódense facer actividades para a clase de linguas estranxeiras. No meu grupo (Realicei a actividade con Sara Otero e Manuel Bea) creamos actividades nas que se mesturaban varios temas que abrangue a competencia matemática. A primeira actividade consistía en mesturar o corpo humano e as medidas. Cada alumno tiña que medirse as partes do corpo (brazo, antebrazo, perna, cintura...) e posteriormente dicir, por exemplo, este é o meu brazo e mide x cm. Así, estarían practicando as partes do corpo e as medidas. Outra actividade que pesamos foi a de traballar con receitas xa que na cociña necesitas saber as cantidades para preparar os pratos. A seguinte actividade que creamos mesturábanse a química, as cantidades e a comida. O alumnado tiña que describir o que comeu, bebeu, almorzou, etc. Un exemplo sería: Hoxe bebín 100 ml. de leite que me aportaron calcio. Finalmente, pensamos que era boa idea incluír unha actividade de comprensión lectora e, neste caso, sobre a chegada a lúa ou acerca do sistema solar debido a que son temas que entran dentro da competencia matemática. Esta actividade resultoume moi positiva xa que puidemos poñernos na pel dun profesor de verdade e pensar nas actividades que realizaríamos para esa competencia en concreto. Ademais, unha cousa moi útil e que despois de que cada grupo dixera as actividades para a competencia que lle tocou o resto da clase puidemos ampliar con máis, polo que a actividade foi moito máis completa.

Para o tema do vocabulario e gramática a actividade que tivemos que facer resultou tamén moi completa xa que puidemos poñer en práctica a nosa habilidade para presentar os exercicios de gramática e vocabulario os nosos posibles alumnos/as. Tivemos que crear exercicios para tratar tanto o vocabulario como a gramática. Esta actividade tamén foi feita con Sara Otero e Manuel  Bea. O curso que escollemos foi primeiro da ESO e o tema as partes do corpo. Para introducir as actividades empezamos cunha actividade de motivación: introducir o vocabulario coa canción ‘Head, shoulders, knees and Toes’. Despois seguimos o seguinte esquema: Actividade guiada, semiguiada e libre. A primeira consistía en introducir as partes do corpo con flashcards. O profesor escribe as partes do corpo máis importantes e a repite en alto. Posteriormente, o alumnado ten que sinalar onde está. A actividade semiguiada levarase a cabo por medio dun xogo. Usando os post-its da anterior actividade, estes serán metidos nun recipiente e o docente ten que sacar un ó azar. Por parellas, os nenos e nenas terán que sinalar no seu compañeiro  ou compañeira esa parte do corpo. A actividade libre consiste en facer unha redacción de cinco frases describindo o seu corpo co vocabulario visto na clase. Para a parte de gramática seguimos a mesma estrutura: actividade de motivación, actividade guiada, semiguiada y libre para tratar o seguinte tema: presente e pasado continuo. Para a primeira pensamos en proxectar un vídeo onde aparezan as estruturas anteriormente mencionadas. Na actividade guiada tamén proxectaranse vídeos de xente facendo diferentes acción e téñense que dicir o que fan. Para a actividade semiguiada farán falta dous recipientes, un con verbos para poñer en presente continuo e outro con verbos para o pasado continuo. O/A docente saco un verbo e haberá que facer unha frase cos dous verbos. Para a actividade libre terán que facer un pequeno diario coas horas e terán que apuntar o que fan. Por exemplo: ‘14:00: I am having lunch’.

Finalmente, os temas vistos nesta entrada resultáronme moi interesantes xa que aprendín máis sobre as competencias e como tratalas na clase, como introducir o vocabulario na aula e como explicar a gramática o alumnado para que sexa comprendida.

Moitas grazas!

Didáctica - Medidas de atención á diversidade, auxiliar de conversación, metodoloxía CLIL, titoría e lifeskills


Ola a todos e todas!

Nesta entrada de blog vou tratar os contidos pertencentes ó tema de medidas de atención á diversidade, auxiliar de conversación, metodoloxía CLIL, titoría e lifeskills.

Empezamos a clase falando da tutoría, aspecto moi ligado e importante na docencia. Un aspecto que me parece moi importante e que é un erro moi común que se pode observar nas horas de titoría é que esta está dedicada á materia do profesor que é tutor. Isto non debería ser así xa que a hora de titoría ten que estar reservada para tratar temas transversais e habilidades para a vida. A adolescencia é unha etapa crucial para a vida xa que é aí cando un rapaz ou rapaza adopta moitas ideas, costumes, etc. Polo tanto, é unha etapa ideal para formar ó estudantado en temas tan importantes como poden ser a diversidade, a atención á mesma ou a educación sexual. Estes temas son de vital relevancia para a vida para evitar o racismo, a discriminación, a xenofobia, as enfermidades de transmisión sexual, etc. O titor tamén trata as habilidades para a vida e o autocoñecemento. Afondar no que un é bon é moi importante así como saber os nosos puntos débiles para atacalos e facelos máis fortes. Unha habilidade que me parece de vital importancia son a empatía xa que todos debemos entender ós demais, vernos na súa situación e axudalos. Outra é á relativa ás relacións sociais. Non sempre as nosas vidas van estar cheas de xente que aporta cousas positivas e por iso é moi relevante saber como acabar con ese tipo de relacións así como saber crear novas cando queiramos facer novos amigos porque nos mudamos, no noso traballo, etc. Tamén a toma de decisións resulta relevante para a vida en calquera etapa. Persoalmente ás veces cústame elixir sobre certos temas mais non se pode pospoñer debido a que nalgún momento hai que afrontar esa elección. Por iso é tan importante saber tomar correctamente as decisións na nosa vida.



Outro tema que é de gran utilidade para levar a cabo na hora de titoría é as estratexias de estudo. Persoalmente, toda a miña etapa educativa no instituto estudei ‘chapando’. Aprendíame toda a teoría para o exame, soltábaa e despois do mesmo xa non me acordaba de nada. Era un modo de estuda completamente ineficaz para o meu coñecemento xa que esquecía todo o que memorizaba. Desgraciadamente eu non era a única persoa que estaba nesta situación. Na miña etapa educativa nunca tratamos na clase ningún tipo de maneira de estudo e é por iso que foi anos máis tarde (concretamente na época universitaria) cando descubrín que era moito máis útil reproducir o estudado coas miñas palabras.

Outra tarefa que forma parte da labor do titor é a de levar a avaliación do curso. É o/a encargado/a de preguntar que tal van os alumnos noutras materias, a súa evolución, se soben a nota ou a baixan, etc. Así, cando un pai ou nai solicite unha titoría, o docente terá toda a información preparada para transmitirlla ós pais. Ó mesmo tempo, nos casos nos que algún estudante necesite axuda, o titor ou titora terá que poñerse en contacto con orientación para que lle axude a solventalo. En orientación poden axudarlle a como facer un exame, como explicar a lección a ese rapaz ou rapaza, etc.  Tamén é certo que non hai suficiente número de orientadores en cada centro e ás veces hai algúns problemas que quedan pouco atendidos. Isto non debería ser así xa que todo o alumnado é igual de importante e, polo tanto, o número de orientadores debería ser o suficiente para que todos os alumnos que o necesiten estean ben atendidos.

Por outra banda encontramos as medidas de atención á diversidade, algo tan importante para que ninguén quede sen ter a oportunidade de recibir unha educación. As medidas que se poden tomar poden ser ordinarias, cando non hai unha gran alteración do currículo, ou extraordinaria, no caso de que si se teña que facer. Eu creo que se teñen que facer as modificacións necesarias en cada caso para que todo o alumnado poida ter unha educación adecuada. En todos os centros debería haber máis recursos para que se puidesen axudar a todos os casos no que se precisase algún tipo de axuda, xa fose por dificultades de aprendizaxe, altas capacidades, etc. Un aspecto tratado no tema que descoñecía foi a opción de PMAR que consta de dous cursos académicos. Con respecto os seus obxectivos, creo que estes son moi positivos xa que prentenden evitar o absentismo, o abandono escolar temperá para que así todo o mundo poida ter o título da ESO.

Por outra banda, os programas de auxiliar de conversación son de gran utilidade para gañar experiencia no mundo do ensino á vez que se perfecciona unha lingua. Creo que todo o mundo que teña unha oportunidade debería solicitar este tipo de programas. Persoalmente soliciteino para o ano que ven e teño moitas ganas de que mo concedan. Ter un auxiliar de conversación resulta moi interesante e motivador para os estudantes xa que poden practicar a lingua cunha persoa nativa e iso é sempre moi atractivo. Eu cando estaba no instituto tivéramos un auxiliar de conversación e a maioría do alumnado soltábase máis a falar e a intervir. Ó mesmo tempo o auxiliar non só está para a práctica oral senón que tamén pode tratar temas da cultura do seu país de orixe. Deste xeito acontece un intercambio cultural na aula moi enriquecedor para o estudantado. Así, o auxiliar tamén axuda á planificación das clases mais sempre coa supervisión do/a docente titular xa que o auxiliar non se pode deixar so en ningún momento. Outra cousa que ten que ter en mente o auxiliar é que a hora de falar ten que baixar a velocidade e pronunciar máis claro. Isto é debido a que non está falando con nativos do seu idioma e ás veces pode resultar difícil entendelo. Cando tivemos o auxiliar na miña clase, ás veces falaba un pouco rápido  o profesor titular tiña que dicirlle que falase máis a modo xa que non lle entendíamos.

Outro aspecto que era descoñecido antes de entrar ó máster era a metodoloxía AICLE. Esta metodoloxía é un enfoque educativo o cal utiliza un idioma adicional para a ensinanza e aprendizaxe. O docente imparte a clase na lingua estranxeira e non na lingua nativa do alumno. Este metodoloxía, na miña opinión, é moi chamativa xa que busca unha relación coa sociedade na que viven e non reproduce unha teoría co único fin de aprobar un exame. Tamén atende á diversidade e ós diferentes ritmos de aprendizaxe, algo de vital importancia xa que as clases non son para nada homoxéneas. A hora de dar unha clase, como é nunha lingua estranxeira, hai que asegurarse de que o alumnado entenda o vocabulario para así entender as explicacións. Polo tanto é moi importante introducilo primeiro para que o alumnado se familiariza con el. Ó mesmo tempo, e sobre todo nos niveis máis baixos, pode mesturarse o idioma nativo co idioma estranxeiro para que resulte máis fácil de seguir a clase. Non importan os erros que se poidan cometer, senón que o máis importante é que a xente fale e poña en práctica a lingua. Outra cousa a ter en conta é que hai que ter expectativas realistas. Non se pode esixir algo que non se adecúe ó nivel do alumnado xa que están a aprender unha materia nova nunha lingua que non é a deles. 
      
Con respecto as actividades, a primeira que fixemos foi en grupo (fíxena con Sara Otero e Manuel Bea). Aínda que a titoría non está destinada a dar clase, si que se poden tratar temas culturais das linguas estranxeiras, e disto trataba a actividade: fomentar a LE. Nos escollemos unha actividade que pensamos que funcionaría moi ben. A tarefa tería lugar no día do libro e consistiría en relacionar a literatura inglesa (Shakespeare), española (Lope de Vega) e galega (Rosalía de Castro) con outras disciplinas. Cada autor dará pé a que se fale dun tema transversal. No caso do autor inglés usarase a obra de Romeo e Julieta e falarase do amor, relacións tóxicas, etc. No de Lope de Vega emplearase Fuenteovejuna para falar da unión do pobo e por último, coa autora galega e a súa obra Cantares Gallegos, pretenderas tratar o tema da inmigración e preservación das culturas e pobos. Esta actividade resultou de moita utilidade xa que puidemos poñer en práctica unha posible actividade para a hora de titoría no caso de que nun futuro sexamos titores.

Outra actividade que pareceume moi interesante foi na que se trataron as siglas relativas á atención á diversidade. É moi necesario sabelas xa que son de uso común nos centros educativos. Algunhas xa as coñecía como é o caso de DA (Déficit de Atención) mais outras eran totalmente descoñecidas como PGS (Programa de Garantía Social) ou ATE (Auxiliar Técnico Educativo).

A actividade sobre a metodoloxía AICLE, feita con Sara Otero e Manuel Bea, foi de gran axuda para entender e profundizar máis neste enfoque. Para esta actividade tivemos que crear unha actividade para as 5 Cs (Comunidade, Contido, Comunicación, Cognición, Competencias). Como é unha metodoloxía interdisciplinar, o mesmo aspecto pódese tratar desde as distintas materias, e nós eliximos tratar o sol desde a materia de bioloxía. Polo tanto, a actividade creada tratará as 5 Cs previamente citadas. Na Comunidade tratará sobre o papel do sol na vida humana, animal e vexetal; no Contido os procesos biolóxicos que suceden grazas ó sol, a adquisición de vitaminas ou a enerxía que proporcionan (tamén máquinas que se usan para almacenala); na Comunicación centrarase principalmente no presente simple xa que son feitos constatables na natureza; na Cognición levarase a cabo, entre outras, escribir, identificar, explicar, xustificar, comparar, etc.; e finalmente nas Competencias, o alumnado será capaz de describir e entender os beneficios da luz solar e os procesos que ocorren grazas a ela. Nesta actividade tamén se tivo que incluír ó auxiliar de conversación e, aproveitando que era de California, fixo una presentación de que e como se usan os paneis solares.    
Finalmente, este tema resultou ser moi útil para gañar coñecementos relativos á labor dun titor, a saber máis sobre un auxiliar de conversación e á metodoloxía CLIL os cales van ser moi útiles na nosa labor coma docentes.

Moitas grazas!

sábado, 9 de febrero de 2019

Didáctica - Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras


Ola a todos e todas!

Neste entrada de blog vou tratar os contidos e actividades pertencentes o primeiro tema da materia: ‘Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces’. Comezamos a clase falando dos diagramas de Venn. Este tipo de diagramas teñen varias variantes mais a que utilizamos nós na clase para a primeira tarefa foi a seguinte: debuxar dous círculos sobrelapándose un no outro para así conseguir un espazo no medio. Polo tanto, había tres lugares onde se podía escribir información relativa á tarefa. Esta trataba de escribir dentro dos círculos aqueles aspectos propios da lingua materna, aqueles da lingua estranxeira e finalmente aquelas características que comparten tanto a lingua propia como a lingua que se está a adquirir. Usamos este tipo de actividade como modo de introducir  o primeiro tema, e os diagramas de Venn foron moi útiles para ese propósito. Ó ir escribindo nos tres círculos as características era moito máis fácil pensar na actividade. Ademais, despois compartimos con toda a clase o que escribiu cada un no seu grupo, polo que todos puidemos ampliar o que puxemos grazas ós comentarios dos demais.



Outra actividade que realizamos centrábase en responder dous preguntas sobre o uso das linguas en diferentes situacións. Ó noso grupo tocoulle responder ás seguintes preguntas: ‘Citroen ten trece fábricas en sete países diferentes. Que linguas falarían?’ e ‘Nunha feira de tecnoloxía dixital reúnense comerciais de seis compañías de Francia, Bélxica, Costa de Marfil e España. En que lingua falarían? As nosas preguntas foron que no primeiro caso falaríase francés (xa que é unha empresa francesa) e inglés (como lingua franca) e na segunda situación usaríase francés debido a que a maioría dos países son de fala francesa. O profesor apuntou que tamén poderíase falar en inglés debido a presenza dunha empresa española. Ademais, os demais grupos tamén fixeron o mesmo proceso mais con preguntas diferentes, o que enriqueceu moito a actividade xa que todo o alumnado da clase puido aprender novos datos das situacións grazas ó traballo conxunto do alumnado e o profesor. Amais, debido a un concepto que tratamos na clase, as diferentes didáctivas de aprendizaxe, fixemos unha actividade sobre iso. Existen a didáctica da lingua inicial, da lingua segunda, da lingua estranxeira, blended, de lingua para fins específicos, etc. e dependendo do contexto é máis recomendable usar unha ou outra. E isto precisamente era o que había que facer para a actividade, relacionar un tipo de didáctica coas situacións propostas na tarefa (clase de lingua estranxeiras, colexio plurilingüe, etc.). Esta actividade tamén resultou de gran axuda xa que posteriormente a súa finalización discutimos en conxunto na clase o motivo de por qué un tipo de didáctica vai cunha situación en concreto. Nalgúns casos, nunha mesma situación podíanse levar a cabo varios tipos de didáctica.

Outra actividade que se realizou foi a comparación nun libro de texto as segunites características: produción, recepción, léxico, gramática, fonética e pronuncia. Primeiramente, en grupos de cinco, tivemos que buscar na nosa elección de libro de texto as anteriormente citados aspectos. Unha vez que completamos a información pertinente comentámola co noso grupo. Posteriormente, agrupámonos as persoas que buscamos sobre os mesmos aspectos (léxico no meu caso). Este último paso pareceume moi interesante xa que tivemos a oportunidade de observar como eran diferentes libros de textos e como estes trataban os aspectos da lingua.

No que respecta ó contido deste tema, un dos aspectos que máis me chamaron a atención era que unha vez que se aprende unha lingua estranxeira profundamente xa se controla o seu espazo temporal, e por conseguinte xa non se necesita ter a lingua materna como apoio. O falante xa usa o vocabulario, as expresións, as estruturas gramaticais, etc. necesarias para cada momento sen ter que pensalas primeiro na súa lingua estranxeira. Isto é totalmente certo e cando un está aprendendo unha lingua estranxeira pode sentilo. Aparte do español e galego falo fluidamente o inglés. Cando levaba pouco tempo estudando esta lingua estranxeira, como non tiña o suficiente nivel, tiña a necesidade de estar comparando o que dicía coa miña primeira lingua. Sen embargo, cando xa fun gañando nivel e, sobre todo, cando fun a estudar ó estranxeiro xa non o necesitaba facer debido a que xa usaba as estruturas da lingua inglesa instantaneamente. Outro tema que tratamos era a lingua primeira, a lingua segunda e a lingua estranxeira. A lingua segunda pode dar lugar a confusión xa que en inglés e en galego non é o mesmo. No caso do galego ou castelán, a segunda lingua refírese a aquela á que unha persoa ten acceso directo no lugar onde vive. No caso de Galicia, dependendo da situación, o galego ou o castelán poden ser a primeira ou a segunda lingua. Moita xente ten o galego como segunda lingua xa que esta á usada para cuestións administrativas ou no ámbito escolar mais nos aspectos restantes o castelán é a lingua que impera. Isto lévame a falar de que cada vez o galego ten menos falantes e esta perda de usuarios da lingua podería traer consecuencias moi negativas para o idioma. De feito, hai unha gran cantidade de noticias coas que se pode evidenciar que cada vez é unha lingua menos usada.



Ó mesmo tempo falamos do uso das linguas. Tratamos a lingua habitual, que é a que é usada na maioría dos contextos educativos, a lingua de traballo e a lingua vehicular, que é o idioma que permite a comunicación de dous ou máis falantes de procedencias diferentes. Nesta última situación en moitos casos é o inglés. Por exemplo, cando estiven de Erasmus era ese o idioma que se usaba para a comunicación entre os estudantes de diferentes nacionalidades que non compartían a mesma lingua. No caso da lingua habitual, persoalmente, teño dous: o castelán e o galego, as cales son usadas dependendo da situación e do meu interlocutor. Tamén vimos as distintas etapas dunha lingua estranxeira: etapa ideal, gloriosa, crítica, soleira fatídica e idade adulta. Uns dos aspectos que máis me chamou a atención é que na etapa ideal (de 0 a 12 meses) os bebés son capaces de distinguir unha gran cantidade de sons. Eu pensaba que isto non era así e que empezarían a distinguilos tempo máis tarde. Outro dato interesante foi que na etapa crítica (de 7 a 9) empeza a reorganización cognitiva e polo tanto empeza a formarse o concepto de gramática. Deste xeito, non ten sentido ensinar ós nenos menores a esa idade regras gramaticais. Amais, outra peculiaridade que me gustou moito saber foi a seguinte distinción: linguas glutinantes e linguas analíticas. As primeiras son aqueles idiomas que presentas palabras máis longas, marcas flexionais e otorgan moita importancia á morfoloxía, como no caso do alemán. Na segunda categoría entrarían as linguas que conteñen palabras máis curtas, máis preposicións e determinantes e dan importancia á sintaxe, como sería o caso do inglés. Finalmente, tanto os contidos como as actividades realizadas nesta parte do temario resultaron moi adecuadas para gañar coñecementos de cara a nosa futura labor como docentes.

Moitas grazas!

miércoles, 30 de enero de 2019

Didáctica - Estratexias de comunicación

Ola!

Nesta entrada vou incluir os comentarios que fixen para os outros blogs. Neste caso comentei a Yaiza, Sara e Antía. 






jueves, 24 de enero de 2019

Didáctica - Estratexias de Comunicación


Ola a todos e todas!

Nesta entrada de blog vou tratar os contidos e actividades pertencentes ó tema titulado ‘Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para as catro habilidade na aprendizaxe de linguas estranxeiras (falar, escoitar, ler, escribir). Un aspecto que me parece moi interesante é o uso doutras linguas na clase de inglés. Respecto a este tema existen opinións diversas. Hai docentes que pensan que nunha clase de calquera lingua estranxeira só se pode falar nesa lingua que se está aprendendo. Pola contra, hai outros que opinan que ás veces é necesario facer uso da lingua materna para facilitar a comprensión do alumnado. Eu comparto a última opinión. Creo que é positivo poder usar a lingua estranxeira máis a lingua materna do alumnado. É preciso usar a lingua estranxeira para que os estudantes acostumen o oído a ela mais nos casos que se requira non hai nada de negativo en usar a lingua materna para explicar aqueles aspectos que sexan máis difíciles de entender na lingua estranxeira.

Tamén tratamos o tema de ‘mediación’. Este aspecto é algo completamente novo para min xa que nunca faláranme del. Cando escoitei por primeira vez este termo o primeiro que me preguntei foi: De qué trata a mediación? Pois ben, segundo o MCER, o mediación consiste en reformular un texto para facilitar a súa comprensión a outras persoas. Amais, a mediación existe no currículo da EOI e en bacharelato e tamén está bastante presente en Europa. Despois de coñecer cómo funciona este novo termo creo que é moi positivo incorporalo ás clases de todos os niveis xa que a mediación permite levar a cabo un enfoque participativo e activo, dous características que melloran moito o proceso de aprendizaxe. Outra das primeiras preguntas que me xurdiron foi a seguinte: cómo se pode incorporar ás aulas? Pois ben, pódese facer mediante a integración de destrezas, doutras linguas, cambiar de rexistros, traballos en grupo, mediante o uso de realia, auxiliares lingüísticos, o alumnado como centro do aprendizaxe, facer unha reflexión na L1 e que o expoña á clase na lingua estranxeira, etc. Como vemos, hai unha gran cantidade de maneiras. Outro aspecto que tratamos na clase e que creo que é moi importante é a co-construción do significado. Calquera interacción de fala con outras persoas conleva a modificar o noso discurso. A nosa audiencia fai que escollamos un tipo de discurso ou outro e, á súa vez, este tamén vese afectado por cómo a nosa audiencia o entende. Non é o mesmo falar cunha persoa que ten un nivel alto dunha lingua que falar cun principiante. Así, cando estase a efectuar unha explicación, cando esta non é entendida temos que facer algunha modificación para que a nosa audiencia a comprenda. Como profesores e profesoras temos que ter isto sempre en mente.

Hai tres xeitos de mediar, os cales poden ser incorporados na clase para axudar ó alumnado a comprender, o que é moi útil para o alumnado e profesor cando alguén mostra algunha dificultade. Mediación verbal: Por exemplo, transmitir a información dun texto creando un texto novo mediante un resumo,  seleccionando detalles ou ideas principais. Mediación visión e multimodal: transmitir a información dun texto visual (táboa, gráfico, imaxe...) dunha forma parcial ou completa. Mediación cultural: Intracultura vs. Intercutural. Intra: mesma cultura e transmitir as diferenzas dentro da mesma cultura. Por exemplo, as distintas tradicións que hai en Galicia. Inter: transmitir a cultura e explicala a unha persoa estranxeira. Por exemplo, explicar as tradicións galegas a un noruego. Ó mesmo tempo hai varios tipos de comprensión oral e escrita. Un deles é a lectura/escoita extensiva. Non teñen que realizarse en clase. Canto máis escoite e lea mellor. Deben de ser cousas que lle interesen ó alumnado, que lle motiven. Así o alumno non o tomará como unha obrigación e será máis beneficioso. Algúns exemplos son os audio libros ou as series dobradas. No meu caso gustábame ver moito series dobradas xa que aportan unha gran cantidade de vocabulario. Outro tipo é a lectura/ escoita intensiva. Neste caso si que ten lugar na aula. As actividades que se empregarían poden ser libros ou poden ser creadas polo profesor. Este último tipo de actividades resultan máis positivos xa que son máis relevantes para o alumnado debido a que fan cousas que lles interesan máis, temas de actualidade á vez que se practica o inglés.



Outro aspecto que como docentes temos que ter en conta é as diferentes fases para que unha actividade de comprensión sexa satisfactoria para o alumnado. De non seguir estes pasos ós alumnos custaríalles máis a actividade e non se acadarían os mesmos beneficios. A primeira fase é a presentación, onde analízase todo para activar esquemas mentais para facilitar a comprensión como por exemplo mencionar que é unha entrevista. Logo tería lugar unha primeira lectura/escoita onde se centrarían en buscar información e ideas principais. Logo unha segunda lectura/escoita onde se traballan aspectos máis específicos. Finalmente unha posta en común. Isto é moi útil para o alumnado e eu persoalmente sempre que facíamos unha aprendía e comprendía a actividade moito mellor xa que as ideas duns compañeiros completaban outras. Con respecto as actividades de produción e interacción oral, a clave para a súa mellora é a práctica, e é por isto que ó máis importante e gardar sempre tempo na clase. Así mesmo, durante todo este proceso o profesor ten que estar presente para axudar, organizar e dar feedback. Eu sempre agradecín o feedback xa que o tiña en conta para as próximas actividades a realizar.

Con respecto as actividades, gustaríame dicir que me pareceron moi útiles á hora de entender os contidos tratados nesta materia. Sen embargo, non podo incluír o total das actividades realizadas por motivos de espazo, e é por esta razón que so vou incluír unhas cantas delas. Unha das actividades realizadas tivo que ver coa mediación. Proxectáronse dous imaxes na pizarra e nós tivemos que contestar a unhas preguntas. Algunhas de elas eran: Qué tipo de mediación é?, Cal é o obxectivo da tarefa?, Cal é o propósito comunicativo? Esta actividade serviume de gran utilidade xa que axudoume a entender o que significaba a mediación, concepto descoñecido previamente. Outra actividade que fixemos foi a creación dunha tarefa de mediación. Esta tarefa resultoume moi útil xa que na nosa labor como docentes teremos a oportunidade de facer algo similar e, como tiñamos que crear unha situación verosímil, esta actividade serviu como práctica e para mellorar o noso coñecemento sobre este tipo de tarefas cunha proximidade total ó que faríamos na realidade. Tivemos que programar a actividade desde o inicio: a temporalización, o nivel, os obxectivos, a avaliación e a actividade en sí. O noso grupo deseñou a seguinte actividade: aproveitando que había un intercambio con UK, dividiuse a clase en grupos para que compartiran aspectos culturais relativos ós xogos. O alumnado de UK compartirían información en español con alumnado galego e o alumnado de Galicia falaría inglés para compartir os xogos galegos. Así, todos practicarían a lingua que se está a estudar. Ó mesmo tempo, esta actividade compúxose dunha segunda actividade: facer unha rúbrica. Fomos os membros do grupo os que tivemos que redactar todos os puntos da mesma, polo que puidemos experimentar de primeira mano cómo se fai. Isto vai ser de utilidade para o noso futuro xa que, persoalmente, teño pensado usar as rúbricas na miña labor docente. Para outra actividade a profesora mandou un link con diferentes actividades de interacción e produción oral. A actividade consistía en elixir unha das tarefas que aparecían nas páxinas dos links. Había catro diferentes links polo que tivémonos que agrupar en grupos de catro, tendo un link diferente cada membro do equipo. Posteriormente, por turnos, cada persoa explicou a actividade que elexiu. Así, esta tarefa resultoume  moi interesante porque non só aprendemos unha gran cantidade de actividades de interacción e produción oral dos nosos links senón que tamén puidemos coñecer aínda máis actividades grazas ós nosos compañeiros. Finalmente, grazas a este tema puiden ampliar ós nosos coñecementos acerca das rúbricas, actividades de interacción, expresión, e mediación oral e escrita que, sen ningunha dúbida, van ser de gran utilidade no noso futuro laboral.

Moitas grazas!